Relixión Católica |
Departamento: Relixión Católica
Programacións |
|||
A situación excepcional que estamos vivindo obríganos a prescindir das clases presenciais. Lémbrase a todo o alumnado que ten a disposición contidos e actividades desta materia na AULA VIRTUAL. Pódeses acceder coa clave persoal coincidente coa do resto das materias. Calquera dificultade neste eido pode ser notificada no correo electrónico deste Departamento relimilla@gmail.com |
|||
Convocamos as familias do alumnado que participará na saída a Dublín a unha reunión informativa o día 27 de febreiro ás 18:15 no Salón de actos do IES do Milladoiro. Tamén recordamos que, aínda que non é obrigatorio, é conveniente que o alumnado conte coa Tarxeta Sanitaria Europea (TSE). Esta solicítase nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social ou a través de internet. |
|||
Recordamos o procedimento para a reserva de praza: 1) Comunicación á Vicedirección, á profesora Sonia Magariños ou no correo excursiondublin@gmail.com. Non é necesario ter o pasaporte para facer a reserva de praza. 2) Estes alumnos pasarán a formar parte dunha listaxe de admitidos ata acadar o número de 30 prazas. Os seguintes anotados quedarán en espera. 3) Posteriormente, a profesora daralles aviso aos alumnos admitidos para que poidan efectuar o ingreso de 200 euros na conta da axencia antes do 16 de outubro ás 15.00h. Este diñeiro non é reembolsable. O número de conta será facilitado pola profesora. Non é necesario ter o pasaporte para facer este ingreso para reserva de praza. 4) Debe remitirse copia do ingreso ao correo excursiondublin@gmail.com. No ingreso debe figurar no concepto IES Milladoiro e o nome do alumno/a. Deixamos o programa da viaxe e unha mostra da unidade didáctica desenvolvida o curso pasado (Diary) nos arquivos adxuntos.
|
|||
Un grupo de 32 alumnos de 3ºESO estivemos en Dublín do 21 ó 25 de marzo nunha excursión organizada polo departamento de Relixión. Camiñamos moitos quilómetros (cerca de 50) visitando os lugares máis coñecidos de Dublín, como, por exemplo, o castelo, as catedrais de St. Patrick e Christchurch, St. Mary’s Pro-cathedral, a zona do porto e a de Temple Bar e tivemos visitas guiadas en inglés nas que nos decatamos de que entendemos máis inglés do que cremos. |
|||