Novas na prensa |
O alumno Alejandro Buela Pampín acudiu o venres, 22 de xuño, ao acto de entraga de diplomas dos mellores expedientes académicos, organizado este ano pola Univerdidade da Coruña, xunto ás Universidades de Santiago de Compostela e Vigo (MEGABAU 2024) e que tivo ligar no Coliseum da cidade herculina. Dende o IES do Milladoiro, damos a nosa noraboa a Alejandro polo recoñecemento ao seu gran traballo e esforzo, durante este curso e toda a súa etapa de Bacharelato. O recoñecemtno ao traballo de Alejandro foi tamén recollido nos medios de comunicación e en concreto por "el Correo Gallego" o pasado mércores. 18 de xuño. |
|||||
Parabéns para a nosa alumna de 1º ESO E, Zoe Fernández Piñeiro, que gañou un accésit no I Certame artístitco "Cousas" do IES Félix Muriel, de Rianxo. No concurso participou alumnado de centros de ensino de toda Galiza, de todos os niveis da ESO e Bacharelato, polo que recoñecemos o mérito da alumna galardoada. Pódese ler a noticia aquí, de onde vos deixamos o seguinte fragmento.
|
|||
Baixo o título do "reto do TDAH" desenvolveuse o venres, 26 de maio, ás 18:00 h no salón de actos do IES do Milladoiro a charla protagonizada por Anxo Carracedo Álvarez, organizada pola vicedirección do centro ca colaboración da ANPA do IES do Milladoiro, Anpa Milla, Ademais de catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega de Ciencias, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Carracedo leva xa unha ampla andaina na posta en valor e recoñecemento da importancia do axeitado tratamento do TDAH, grazas a súa labor como presidente da Fundación Ingada. Carracedo iniciou a súa charla situándoa dende o inicio, no momento en que xunto a vida, xurde a diversidade. Para o científico galego a diversidade sempre é un elemento valioso e necesario, pero no momento en que fai sufrir a un ou ao entorno dos seres máis próximos, pasa a situarse no campo do trastorno. Este é o caso do TDAH, nos que algúns das súas compoñentes poden plantexar problemas, especialmente nuns ámbitos como os dos sistemas educativos actuais, nos que a competitividade, a aprendizaxe memorística ou a rixidez poden supoñer un obstaculo no alumnado destas características. El mesmo sitúa a súa experiencia de vida como un exemplo deste obstáculo: o seu primeiro transito na ensinanza non sufriu estas barreiras grazas a súa orixe rural e o estudo na súa casa. ata que tivo que enfrentarse a un sistema que non perdonou unha lóxica resposta da ubicación de Compostela entre o Tambre e o Ulla, baseada na súa experinecia visual dun mapa de España que ollaba a miudo, en vez de dar a resposta oficial da situación da cidade entre o Sar e o Sarela. Pero nese momento el tivo un apoio decisivo: O da súa familia que premiou o esforzo, poñendoo por encima dun valor numérico de cualificación. Para Carracedo, o TDAH, leva aparellado aspectos positivos como a creatividade ou o dinamismo, pero como trastorno pode plantexar importantes complicacións, destacando especialmente as derivadas da impulsividade. A medicación pode ser, neste sentido unha axuda e elemento moi positivo que permite unha importante mellora da calidade de vida e o benestar deste e outros trastornos, aspecto este último que el mesmo viviu no ámbito familiar máis próximo. Inflúe a xenética, pero tamén o ambente e este último aspecto pode dar resposta, por exemplo, ao por que hai unha maior prevalencia do trastorno nuns ámbitos xeográficos frente a outros. Neste punto, Carracedo destacou a importancia do sistema educativo e a necesidade de impulsar o seu cambio, apostando pola aprendizaxe significativa e a ensinanza de valores, frente as actuais esixencias memorísticas e de contidos. Como bo TDAH, Carracedo non parou de moverse a amosar a súa inquietude a nosa comunidade educativa, respondendo a preguntas e entablando un dialogo espontaneo e cheo de emoción. A todos nos deixou abraidados co seu vitalismo e xenerosidade, compartindo con todos nos o seu coñecemento e experiencia vital de vida. Deixamos finalmente as ligazóns aos seguintes recursos aos que podemos acceder todos, grazas á Fundación Ingada da que el é presidente e impulsor. TDAH. GUÍA DE APOYO AL ESTUDIO EL ALUMNADO CON TDAH EN LA UNIVERSIDAD GUÍA DE ASESORAMIENTO FAMILIAR MATERIAL DIDÁCTICO FUNDACIÓN INGADA ABORDAJE DEL TDAH EN EL ÁMBITO EDUCATIVO. FUNDACIÓN INGADA PARA EL IES DO MILLADOIRO
Esta charla foi obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazóns a artigos de varios medios, adicados á mesma:
|
|||
O 9 de maio desenvolveuse no salón de actos do IES do Milladoiro unha xornada-coloquio de orientación vocacional, organizada polo Departamento de Orientación e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato., contando con colaboración de nais e pais de alumnado, De maneira xenerosa, participaron distintos profesionais que compartiron a súa perspectiva do mundo laboral e a proxección de carreira persoal en diferentes ámbitos A actividade desenvolveuse baixo un programa no que se desenvolveron as seguintes actividades:
Convidados mesa redonda:
A moderación e dinamización do coloquio correu a cargo de Enma Araujo, periodista de "La Voz de Galicia"
Estas xornadas foron obxecto de atención por parte dos medios de comunicación. Amosamos, a continuación, ligazón ao artigo de "La Voz de Galicia", adicada ás mesmas:
|
|||
Diferentes medios de comunicación recolleron as actividades desenvolvidas no Entroido Intercultural do IES do Milladoiro. Amosamos, seguidamente, as ligazóna a eses medios:
|
|||
O galardón obtido polo alumno do noso centro, Anxo Gómez Piñeiro, no undécimo concurso "Cidade de Vigo", de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, convocado pola AGIC (Asociación galega de instrumentos de corda) foi obxecto de mecnión en distintos medios de comunicación domo o Correo Galego. Podédelo ver na seguinte ligazón: |
|||
Dentro do Proxecto Regueifesta, no que participa o noso centro xunto ao CFR de Vimianzo, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o CEIP Labarta Pose da Coruña, da man dun proxecto de Erasmus +, e que se centra na recuperación e impulso da Regueifa, desenvolveuse unha visita á illa de Sardeña, para contactar con distintas asociacións culturais da zona ou intérpretes como Bernardo Zizi, unha das grandes figuras da improvisación oral en verso de Europa. A actividade non pasou inadvertida para os diferentes medios de comunicación do país. Velaquí tedes algúns exemplos da súa recpercusión nas seguintes ligazóns: |
|||
Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, unha vez máis volveu estar presente nos medios de comunciación co gallo da súa recepción pola corporación de Ames e o seu alcalde, Blas García Piñeiro, na casa consistorial o pasado 28 de outubro. Dende o IES do Milladoiro alegrámonos por este novo recoñecemento á virtuosidade co violín de Anxo e deixamos aquí as ligazóns a diferentes medios de comunicación.
|
|||
Anxo Gómez Piñeiro, alumno do noso centro, volve a ser noticia pola súa participación no concurso internacional "Violin Competition", levado a cabo en Bratislava. Anxo, que sesenvolve a súa práctica baixo as directrices de Yulia Petrushevsksya, tivo que pasar tres rondas, unha preeliminar a través duns vídeos online e duas presenciais, pasando á ronda final e acadando o premio de mención de honor. Na capital eslovaca, Anxo competiu na categoria de ata 21 anos sendo, con diferencia, oo participante de menor idade Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por este novo éxito. Nas seguintes ligazóns podedes acceder as mencións que se recollen en distintos medios de comunicación
|
|||
Dentro da relación dos 25 centros educativos de Galicia, públicos e privados, nos que o seu alumnado obtivo unha media superior a 7, e que se amosa en La Voz de Galicia, o IES do Milladoiro amósase como o o segundo centro educativo da área metropolitana de Santiago (e primeiro no relativo aos centros públicos da área metropoliana). Esta nova coincide co acto, xa tradicional, de recoñecemento aos mellores expedientes ABAU de Galicia, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e que este ano tivo como escenario o Polideportivo Fontes do Sar. Das excelencias galegas do 2022, cinco pertencían ao noso centro: Manuel Caamaño Mayo, Juan Calvo Iglesias, Alba Conde Fernández, Yomara Ferreiro Lesta e Miguel Requeixo González. Parabéns ao alumnado e ao profesorado dos grupos de 2º de bacharelato do curso 2021/2022 do noso centro. |
|||
|
|||
O IES do Milladorio volve ser noticia pola participación do seu alumnado nun programa de competencia lingüística, impulsado pola profesora Sonia Magariños, e que é visible nun dos principais xornais do país, La Voz de Galicia, dentro da súa sección "A voz da escola".
A colaboración do noso centro e a participación nesta iniciativa foi posible grazas ao traballo e esforzo de Naiara Dual Fernández, Enrique Fernández Motos, David Jiménez Fernández, Álvaro López González (1º ESO A), Rafael Jiménez Rosillo, Elías Martínez Kersch, Martín Moure Insua, Daiwanfer de la Paz Ramírez (1º ESO B), Triana Jiménez Fernández, Aarón Muñiz Elías, Adrián Núñez Barreiro, Irene Pérez Iglesias, Abraham Yaen Rojas Farias, Jenny Sánchez de León, Raysmeri Esmaylin Almanzar, Alessandro Puig Sosa (1º ESO D), Adina Celia Hriscu, Viktoria Kevin Sousa Cruz, Bryan Martínez Jiménez (2º ESO D) . Dende o IES do Milladoiro queremos agradecer o seu traballo, que podedes ver a continuación. Noraboa!
https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/me-lo-quitan-de-las-manos-la-vida-en-un-mercadillo/
¡Me lo quitan de las manos! La vida en un mercadilloInstituto do Milladoiro (Ames)
Alumnos:
El pueblo gitano es la minoría más numerosa y discriminada de este país. Josemi Carmona, uno de los guitarristas de Ketama, y a Israel Fernández, el cantaor flamenco de moda nominado a los Grammy latinos, estuvieron en Santiago recientemente y confirmaban que la falta de medios económicos ha sido determinante para esa discriminación. Todavía hay mucho por hacer para desterrar esa idea de que los gitanos llevan una mala vida o son delincuentes por el apellido. Tanto Carmona como Fernández reconocen que persisten los estereotipos y animan a los jóvenes a luchar contra ellos forjando un futuro que comienza en la escuela. Dar a conocer la cultura gitana y salir del anonimato es la responsabilidad de las nuevas generaciones. La vida gitana es eminentemente familiar dentro del respeto a los valores y costumbres presidida por la alegría de vivir que les caracteriza. Las familias viven del comercio y en particular de los mercadillos. Los más jóvenes ayudan a sus familiares, aunque tengan que madrugar mucho, y se dan cuenta de lo poco valorado que está ese trabajo. . Hay algunos secretos de la vida del mercadillo que servirán para para desterrar el mito que los considera comercios marginales que venden mercancía de baja calidad o procedente de China. El género que venden es nacional. Llega a los puestos a través de tres vías:
Las primeras semanas en que se pone a la venta la colección el precio es fijo y debe mantenerse hasta que se haya vendido una parte importante. A continuación se puede ir rebajándolo hasta que finalmente se liquidan las últimas unidades en una parte marginal del puesto (a precios increíbles, por debajo de su coste). Una parte de las ganancias se destinan a la próxima colección, que será diseñada teniendo en cuenta los comentarios de los clientes y las nuevas tendencias en moda. En cada puesto del mercadillo el género se ordena escrupulosamente, situándolo de forma llamativa y organizada para que resulte atractivo al público. Esto está en los genes de comerciantes que tienen los gitanos. El vendedor debe estar aseado, ser elegante y mostrar buenos modales tratando de usted al cliente, dándole la bienvenida facilitando el acceso a las prendas, resolviendo sus dudas y garantizando la posibilidad de efectuar cambios o devoluciones, si se da el caso. Muchos acaban siendo amigos. Casi todos los comerciantes se conocen entre sí desde hace años, se respetan y ayudan mutuamente: se sienten miembros de una gran familia. El tiempo suele pasar rápido, excepto los días de lluvia, que es muy desagradable o cuando hay poca gente, cuando los vendedores se aburren. No todos los mercadillos son iguales, cada uno tiene sus peculiaridades. No depende únicamente de los vendedores ni del género que comercialicen, sino de la población en que se encuentre, de la época del año, del día de la semana, además del tiempo meteorológico y del ánimo de los compradores. Normalmente los que valen más la pena son los de fin de semana o los de principio de mes porque va más gente y son más animados. Las zonas más pobladas atraen muchos clientes mientras que los de zonas rurales son menos visitados. El mercadillo más conocido es el de Padrón por la gran cantidad y variedad de puestos y de público. Es de los más concurridos por celebrarse en domingo. Los mejores están en la costa, como Cee, Ribeira, Betanzos, Aguiño, Pobra do Caramiñal, Muros, Villagarcía e incluso Oporto, que a pesar de estar en Portugal es extraordinario por la diversidad de nacionalidades. Los comerciantes se sienten muy apreciados por los turistas que se emocionan y acaban comprando compulsivamente muchos de sus regalos en los puestos. Para los vendedores es una alegría cuando van en verano a estos lugares porque al terminar pasan la tarde haciendo turismo o en la playa. Si uno se da una vuelta por el mercadillo más cercano y presta atención a los detalles, se sorprenderá por la variedad y originalidad. Hay que fijarse en la calidad de las prendas, salta a la vista, en los precios, que son muy accesibles y ajustados, en los vendedores, que son educados y no estafadores, y en las personas que compran. Se verá a muchos clientes satisfechos que no cambiarían la originalidad de sus prendas por las producidas en serie por las multinacionales de los centros comerciales.
LIGAZÓNS AOS ARTIGOS https://www.prensaescuela.es/dos-centros-un-mismo-objetivo-mejorar-las-habilidades-linguisticas/ https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/me-lo-quitan-de-las-manos-la-vida-en-un-mercadillo/
|
|||
Corenta alumnas e alumnos dos institutos do Milladoiro e de Vila de Cruces están participaron no encontro"Regueibertso"en Igorre, Biscaia, de improvisación oral en verso. Regueifeiros/as da Galiza, glosadors dos Países Cataláns e bertsolaris vascos adolescentes reúnense neste encontro de dúas xornadas educativas. A Regueifesta é un proxecto de innovación educativa que desde 2015 impulsa a regueifa como ferramenta para a normalización lingüística, a educación musical, a educación en valores como o feminismo, a autoxestión ou a transformación social. Esta é a cuarta vez que regueifeiras adolescentes visitan Igorre, nun proxecto que vén reunindo cada ano repentistas de Galiza, Cataluña e Euskadi nun destes tres países. Durante estas xornadas, o alumnado improvisador participou e organizou actividades de valoración das linguas e culturas propias, desde a poesía oral e a música até o baile ou o deporte tradicional. O día 7 de abril tivo lugar o festival Regueibertso no auditorio de Igorre, onde o alumnado improvisou con artistas do País Vasco como Onintza Enbeita. A Regueifesta comprende a improvisación oral como un recurso educativo fundamental para unha educación humanista, onde as emocións e os afectos son motor das relacións persoais e do empoderamento individual e colectivo, a autoestima e o sentido crítico. A prensa di: |
|||
|
|||
A xornada do Club de debate, realizada no noso centro xunto co IES Plurilíngüe de Ames o pasado 24 de xaneiro, é obxecto dun artigo en La Voz de Galicia: |
|||
O programa de erasmus +, Euro a de repente, na que participa o IES do Milladoiro, apareceu recollida nos medios de comunicación e en concreto en La Voz de Galicia. Amosamos aquí o artigo |
|||
Queremos traer á nosa páxina web unha actividade dun dos nosos alumnos. Trátase do concerto realizado o 27 de decembro por Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO, a beneficio da asociación ASANOG (Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia) no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Posteriormente, o noso alumno, o día de Reis, colaborou coa mesma asociación no peche dun Belén exposto na Casa da Cultura de Cuntis pola asociación Río Gallo. Trátase duns feitos que foron recollidos nos medios de comunicación. Dende o IES do Milladoiro felicitamos a Anxo por esta actividade solidaria, a través dunha arte como a Música e cun instrumento como o violín, que domina dunha maneira maxistral. |
|||
A alma e o sangue dun centro educativo son todos os seus alumnos e alumnas. Un deles, no IES do Milladoiro, é Anxo Gómez Piñeiro, de 2º da ESO. Ademais do noso IES, Anxo tamén é alumno do Conservatorio Histórico de Santiago. Alí, da man de profesores como Yulia Petrushevskaya, o noso alumno logrou ser "un prodixio do violín", unha gran promesa que obtivo galardóns tanto en certames internacionais celebrados na nosa comunidade como fóra dela. Calificado na prensa como a reencarnación de Nícola Paganini, Anxo volveu saír nos medios de comunicación esta semana pola súa actuación no Conservatorio Histórico de Santiago. Dende o IES do Milladoiro queremos recoñecer o gran talento e mérito de Anxo que, neste curso, intentará amosarnos e adentrarnos no mundo da música, da man dunha nova actividade, "crónicas de Euterpe", que se poderá ver no ámbito da nosa páxina web. |
|||
|
|||
Noticia de El correo gallego (20-5-2021) |
|||
La Voz de Galicia recolle a experiencia da rede do IES do Milladoiro en "Oito claves dos bos colexios" (enlace) A web do Concello de Ames recolle a concesión do premio do público no concurso de teatro lido ao grupo MAC do noso centro (enlace) Participación do IES do Milladoiro na XXVI Olimpíada de Química 2019 (enlace) II Construíndo o meu camiño: La Voz de Galicia (enlace), El correo gallego (enlace), Compostela24horas (enlace) e web do concello de Ames (enlace) Visita da Conselleira de Educación: enlace á web da Consellería. VI Xornadas Gastronómicas francesas: La Voz de Galicia (enlace) e web do concello de Ames (enlace) La Voz de Galicia faise eco da experiencia de vídeo participativo A tribo, na que cobra protagonismo o noso alumnado (enlace). A citada experiencia é desenvolvida por Agareso e compartida con Igaxes (enlace). |
|||
La Voz de Galicia: "Milladoiro, berce galego contra o acoso" (3/11/2018) |
|||
Para acceder ao documento, premer a continuación: Traballo por proxectos |
|||
Asínase un acordo experimental co IES do Milladoiro para que o alumnado poida realizar traballos comunitarios nas dependencias municipais.[Máis información) Novas na prensa: |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Nova na prensa sobre o proxecto EpDLab (siglas de Educación para o Desenvolvemento Laboratorio), dende noviembre:
|
|||
Preme na imaxe para consultar as novas na prensa do mes de febreiro: |
|||
O xoves 18 de febreiro tivo lugar a última das seis sesións do obradoiro TV de "Escolas sen racismo", proxecto de educación en valores organizado pola Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e no que participaron 13 alumnos do noso centro.
|
|||