Bioloxía e Xeoloxía

Profesorado do departamento e programacións 2024-25

ASOTRAME

O xoves 14 de novembro tivemos a sorte de contar coa visita ao centro de dous membros da asociación ASOTRAME (asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas).

Continúa lendo no blog de actividades complementarias e extraescolares.

 

Porque no Milladoiro:
 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.

 

Maquetas, libretas de campo e fotos das prácticas de laboratorio.

Aquí tendes algúns traballiños do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía para despedir o curso.

Visita ao IDIS de Santiago de Compostela

"Este venres 24 de maio, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO visitamos as instalacións do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) da man das científicas e científicos que alí traballan. Realizamos diferentes obradoiros e coñecimos os proxectos nos que están a traballar neste instituto de investigación. Foi unha xornada ben interesante

 

 

Olimpiada de xeoloxía.

Este mércores 7 de febreiro un grupo de alumnos/as de 1º de bacharelato participaron na fase galega da XV Olimpiada de Xeoloxía, que consistiu nunha xincana con probas por equipos e unha proba individual. Tamén tiveron a oportunidade de visitar diferentes instalacións da facultade de bioloxía como o acuario, os invernadoiros e os laboratorios de edafoloxía.

Feira de minerais.

Parte do alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu este xoves 29 de febreiro á X Feira de Minerais de Santiago de Compostela. Alí asistimos a unha charla e un obradoiro de identificación de minerais a cargo da Escola de Minas da Universidade de Vigo .

Participa no kahoot do Club de Ciencia

Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, o Club de Ciencia organiza un xogo de preguntas sobre as mulleres científicas das que previamente elaboraron uns cartaces informativos. Bótalle un ollo aos cartaces colocados nos corredores do instituto e participa no kahoot de mulleres científicas. Debes inscribirte na biblioteca nos recreos do venres 9 de febreiro. O concurso celebrarase o venres 16 de febreiro. Consulta as bases e anímate a participar

Saída de xeoloxía do 20 de decembro

Este mércores 20 de decembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato asistiu a unha charla e obradoiro de rochas co xeólogo Francisco Canosa. Tamén saímos ata o Pico Sacro para entender a sorprendente orixe xeolóxica deste filón de seixo tan importante na xeoloxía e cultura da nosa contorna próxima.

IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela

Este xoves 2 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato asisitiu a varias das actividades ofertadas na IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela en Área Central. Comezamos escoitando unha charla sobre "Minería espacial" impartida por María Araújo Fernández, profesora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo. A continuación, realizamos un obradoiro de Identificación de minerais, impartido tamén pola Escola de Minas, e para rematar, outro obradoiro sobre Mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego. Tamén tivemos tempo para observar os espectaculares exemplares de minerais e fósiles expostos nos postos de mercado da feira."

XIV Olimpiada de Xeoloxía 2023

O mércores 8 de febreiro unha representación de rapazas e rapaces de 1º de Bacharelato participamos na Fase Galega da XIV Olimpiada de Xeoloxía na Facultade de Bioloxía da USC. Xogamos a unha xincana por equipos e resolvimos unha proba con cuestións relativas á xeoloxía. Tamén nos ensinaron os laboratorios de Edafoloxía e o Instituto de Cerámica. Grazas ao alumnado participante.

Obradoiro de Xeoloxía co alumnado de 1º ESO

 

O 22 de decembro de 2022, último día de clase antes de disfrutar das merecidas vacacións de Nadal, o alumnado de 1º ESO asistiu a un obradoiro sobre propiedades dos minerais co xeólogo Francisco Canosa Martínez. Velaquí tedes algunhas imaxes do mesmo.

 

 

Xeoloxía no Picro Sacro e Obradoiro de Rochas

Este martes 22 de novembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato fixemos unha saída ao Pico Sacro co xeólogo Francisco Canosa que nos explicou as particularidades deste filón de seixo baixo unha chuvia intensa.

 

Máis tarde, xa no instituto, contounos cousas da historia xeolóxica galega e fixemos un obradoiro de rochas da nosa contorna cos impresionantes exemplares que Fran nos ensinou na aula. 

 

A espectacular xeoloxía galega

 

 

Onte, 9 de xuño, os grupos de 1º ESO F e  1º  ESO G tiveron a sorte de  asistir a un relatorio sobre a xeoloxía galega a cargo de Joaquín Rubal, xeógrafo e guía oficial de turismo de Galicia.

 A actividade foi organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Día Mundial do Solo. Exposición

 

Con motivo do Día Mundial do Solo (5 de decembro de 2020) o IES do Milladoiro participou na iniciativa promovida polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) que consiste en divulgar a exposición "Mantengamos el Suelo Vivo, Protejamos la Biodiversidad del Suelo" elaborada pola FAO.

Tendo  en conta  que na materia  de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO estase  a rematar  o  tema  das plantas  e o alumnado  xa  sabe un pouco máis  sobre  a importancia do  solo, estes  días  comezáronse  a traballar  os  contidos da  exposición.

Aquí pódese consultar o mapa interactivo da FAO onde aparecen os centros e demais institucións nas que se está a divulgar a exposición a nivel mundial.

Plan de traballo para o alumnado de 1º de ESO A e B (materia: Bioloxía e Xeoloxía)

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso BIOLOXÏA 2º BAC_ 3º ESO _ 1º ESO.

Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.

 

Plan de traballo para o alumnado de 1º de ESO C e D (materia: Bioloxía e Xeoloxía)

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º DE ESO C e D. Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.

Plan de traballo para o alumnado de 1º ESO A, B, C e D (grupo Manuela J.Quintela). Materia: Paisaxe e sustentabilidade.

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso Paisaxe e sustentabilidade 1º de ESO. Nela incluirei periodicamente o plan de traballo da materia.

Plan de traballo para o alumnado de 2º ESO (materia: Promoción de hábitos de vida saudables (PHVS)).

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual: Curso Promoción de hábitos de vida saudable 2º de ESO. Nela incluirei periodicamente o plan de traballo da materia.

 

Plan de traballo para o alumnado de 3º de ESO C e D (materia: Bioloxía e Xeoloxía)

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso 3º DE ESO_C_D_E.

Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.

 

.

PLAN DE TRABALLO PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO E (materia: Ámbito Científico e Matemático)

Durante estes días, presta especial atención á Aula Virtual do IES do Milladoiro, curso 3º DE ESO_C_D_E.

Nela incluirei periódicamente o plan de traballo da materia.

Visita ao CiMUS

O  alumnado  de  2º  de  bacharelato  que   cursa  as  materias  de  Bioloxia  e Quimica  visitou o  CiMUS (Centro  de  Investigacion  en Medicina  Molecular  e  Enfermidades Crónicas); alí  asistiron  á  charla Innopharma (sobre  a  decuberta de  fármacos)  e  realizaron  unha  visita  guiada aos  laboratorios  Innopharma e aos  servizos  comúns  do centro (microscopía, CF,  citometria, etc.).

A  actividade  foi  organizada polos  dptos. de  Bioloxía e  Xeoloxía  e  Física  e  Química.

                                       

Visita ao Pico Sacro e á Mina Serrabal

O  alumnado  de  2º  de  bacharelato  que  cursa  a  materia  de  Xeoloxía  puido  visitar  hoxe, 10 de decembro, o  Pico  sacro  e  logo  a  Mina  Serrabal, situada  no concello  de  Vedra, e da que  es  extrae   cuarzo branco. A  actividade  foi  organizada polo  Dpto. de Bioloxía  e  Xeoloxía.

                                             

VIAXE DIDÁCTICA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO 2019

Aeroxerador

    

     O pasado 7 de novembro de 2019 o alumnado de 4º de ESO das materias de Bioloxía e Xeoloxía,

     Cultura Científica, Física e Química e Tecnoloxía

     realizou unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento.

     Dita actividade, organizada conxuntamente polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía,

     Física e Química e Tecnoloxía, permitiu ao alumnado visitar as instalacións do Parque

     Eólico, así como realizar diferentes actividades didácticas (vivenda bioclimática, taller

     de enerxía e aula divulgativa, entre outras) guiadas en todo momento por monitores/as especializados/as.

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

O departamento de Bioloxía organizou unha visita do alumnado de 1º de ESO para coñecer as coleccións do Museo de Historia Natural da USC.

Visita á depuradora de Sisalde

Os alumnos de 2º Bacharelato da materia Ciencias da Terra e Medioambiente visitaron o pasado xoves, 28 de febreiro, a depuradora de augas residuais de Sisalde. Estiveron acompañados de dous técnicos da empresa Espina&Delfín, que lles explicaron o funcionamento das instalacións.

Charla : Superbacterias

O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de bacharelato asistiu o venres 22 de febreiro á conferencia da doctora Concepción González Bello, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC.

11 F_ Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O IES do Milladoiro participa na iniciativa 11 de febreiro, que busca conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia poñendo a disposición dos centros educativos diversos recursos didácticos. Dentro deste programa,  o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer a científica Nieves Vidal, do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC de Santiago de Compostela e puideron escoitar a súa charla  Hai futuro para o noso bosque?

Charla sobre cogomelos

O mércores 9 de xaneiro, a profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, experta en micoloxía, deu unha charla sobre o tema ao alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e 3º ESO D, E. Relatora e público quedaron moi satisfeitos da experiencia.

ATLANTIS. A CIENCIA DO MITO

O xoves 3 de maio o xornalista e divulgador científico Emilio Varela deu unha longa charla ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, na que mesturou os seus coñecementos de xeoloxía, bioloxía, literatura, xeografía, historia etc.

ATLANTIS.A CIENCIA DO MITO

O pasado 3 de maio de 2018 o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar na actividade interdisciplinar "Atlantis. A ciencia do mito". Dita actividade estivo organizada pola biblioteca do centro e os departamentos de bioloxía e xeoloxía, xeografia e historia, filosofía e latín. Construida e conducida polo xornalista e divulgador científico Emilio Varela, estivo centrada en destacar o fundamento científico do mito da Atlántida, analizando dende todas as perspectivas, segundo as palabras do propio conductor da actividade, como puido ser a maior catástrofe natural vivida no mundo antigo, ocorrida na illa  grega de Thera (actual Sartorini) na Idade de Bronce, e como esta puido inspirar ao filósofo Platón para crear o mito da Atlántida.

Distribuir contido