Este xoves 2 de marzo o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato asisitiu a varias das actividades ofertadas na IX Feira de Minerais de Santiago de Compostela en Área Central. Comezamos escoitando unha charla sobre "Minería espacial" impartida por María Araújo Fernández, profesora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía de Vigo. A continuación, realizamos un obradoiro de Identificación de minerais, impartido tamén pola Escola de Minas, e para rematar, outro obradoiro sobre Mineraloxía impartido polo Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego. Tamén tivemos tempo para observar os espectaculares exemplares de minerais e fósiles expostos nos postos de mercado da feira."
|
|||