Latín e Grego

Profesorado do departamento e programacións 2024-25

Departamento: Latín

  • Barroso Millán, Mª Esther (XD)

Programacións

 

Asistencia ao Festival de Teatro Grecolatino en Lugo

O alumnado de latín, grego e cultura clásica do noso centro acudiu a Lugo o 5 de marzo para asistir a dúas representacións: a traxedia Edipo Rey, de Sófocles, e a comedia Cásina, de Plauto. Aínda que o tempo non acompañou, gozaron da xornada!

MEDEA, NO FESTIVAL DE TEATRO CLÁSICO DE OURENSE

Con Medea, de Eurípides, interpretada pola compañía de Teatro Xuvenil Párodos,  o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego volveu novamente ao Festival de Teatro Grecolatino, nesta ocasión no Auditorio Municipal de Ourense e na súa XVII edición. A representación, adaptación amena e áxil dunha das mellores obras do autor dramático, recreou, a través dunha coidada escenografía, a traxedia dun dos personaxes míticos máis intensos da literatura grega.

XVI FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O Festival de Teatro Grecolatino, celebrado o martes 1 de marzo no teatro Colón da Coruña, achegou novamente os autores clásicos ao alumnado de Grego e Latín. Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto foron as propostas teatrais levadas a escena nesta ocasión a través dunha adaptación viva e colorista, realizada polo grupo de teatro xuvenil Párodos, que deixaba patente a actualidade e a universalidade dos clásicos.

DIRECTORIO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO

MATERIAS E CURSOS DO DEPARTAMENTO

  • Cultura Clásica 3º e 4º ESO
  • Latín 4º ESO
  • Latín 1ª BACH
  • Latín 2º BACH
  • Grego 1º BACH
  • Grego 2º BACH
Distribuir contido