O Festival de Teatro Grecolatino, celebrado o martes 1 de marzo no teatro Colón da Coruña, achegou novamente os autores clásicos ao alumnado de Grego e Latín. Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto foron as propostas teatrais levadas a escena nesta ocasión a través dunha adaptación viva e colorista, realizada polo grupo de teatro xuvenil Párodos, que deixaba patente a actualidade e a universalidade dos clásicos. |
|||