Lingua Galega e Portugués |
Departamento: Lingua Galega e Literatura
Programacións
|
|||
O alumnado de portugués do 2º C e 4º da ESO realizou o pasado 25 de outubro, unha saída didáctica a Santiago de Compostela co obxectivo de achegar ao alumnado o contacto coa cultura brasileira. Visitamos a exposición Ser-Tao, na Asociación Maruxa e Coralia e a libraría Lila de Lilith.
Continúa lendo no blog de actividades complementarias e extraescolares.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!. |
|||
O día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas profesionais e Empresariais (FFDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A IX Edición celébrase este ano 2024 o 14 de outubro baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural". Co obxectivo de visibilizar a obra de escritoras, tanto galegas como doutras nacionalidades, leváronse a cabo na biblioteca do IES do Milladoiro varias lecturas en diferentes linguas a cargo do profesorado e do alumnado de diferentes niveis. Le os pormenores no noso blogue.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
PROXECTO MASCOTA PORTUGUÉS
ACTIVIDADE DESENVOLVIDA NA MATERIA DE PORTUGUÉS 1.º E 2.º DA ESO
XUSTIFICACIÓN O proxecto da mascota é unha estratexia desenvolvida en colaboración con familias para ensinar valores que axuda na formación e educación das e dos estudantes. A mascota é outro recurso para desenvolver boas maneiras e virtudes como a coraxe, a honestidade, respecto e compañeirismo. O proxecto funcionará nunha rotación. Cada fin de semana unha alumna ou un alumno leva para casa o pequeno amigo e un diario para escribir todas as actividades realizadas. Os pais teñen que estar implicados no proposta pedagóxica fomentando o coidado da mascota. A medida que o levarán a casa, comezarán a traballar coa responsabilidade de non ensuciarse, non rasgar, non deixar ser tratado mal por ninguén, xa que terán que devolver ás compañeiras e aos compañeiros. Isto fará que creen un vínculo forte de afecto entre o grupo de estudantes, aumentando o vínculo de unión e amizade, xa que terán un obxecto común para coidar.
OBXECTIVOS Espertar as diferentes formas de desenvolver a imaxinación; Traballar o cariño, o respecto, o coidado con algo que se caracteriza como patrimonio de todos; Facer que a familia sexa parte integrante da actividade; Usar o diario que acompañará a mascota, como xénero textual a ser traballado por e para os estudantes; Traballar o desenvolvemento de hábitos de cortesía, respecto, normas de convivencia, ampliar o vocabulario, entre outros.
DESENVOLVEMENTO Presentar a mascota á clase durante o círculo de conversa; Votar para escoller o nome da mascota; Conta todas as normas de convivencia da mascota coa clase; Falar do día da visita da mascota na casa de cada persoa; Crear un caderno diario para rexistro das visitas da mascota; Ler con todo o alumnado as actividades realizadas con a mascota.
FINALIZACIÓN Exposición do diario e fotos que mostrar o desenvolvemento de proxecto.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
|
|||
O luns 8 de maio o alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto de Xoán Curiel grazas á colaboración do Departamento de Lingua galega e o EDLG. O autor recoñecido cos Premios da Música Independente, os Martin Codax e os Frei Martín Sarmiento centrouse no seu último traballo, Treides comigo, un disco de once versións de cantigas medievais, que reactualiza sen perder a conexión co trobadorismo. Mais transitou tamén pola poesía popular, a neotrobadoresca e a lusófona.
Foi unha actividade moi didáctica e aberta á participación do alumnado.
|
|||
O pasado venres 5 de maio celebrouse o Día internacional da lingua portuguesa. No noso IES o alumnado de 3º e 4º estiveron a facer actividades para conmemoralo e algunhas delas deron dúas publicacións que vos deixamos.
Por un lado, o vídeo de creación elaborado por parte do alumnado de 4º ESO, quen, a partir dun poema de Eugénio de Andrade ("As amoras"), crearon uns emotivos versos de lembranza dos seus países.
Por outro lado, alumnado de 3º ESO contribuíu con un novo episodio do Programa "Vozes da lusofonia" recitando tamén poesía en lingua portuguesa de diferentes épocas.
|
|||
O pasado xoves 24 de novembro, os profesores da Universidade de Cabo Verde, Lourenço Gomes e Elter Carlos, presentáronlle ao alumnado de portugués de 3º e 4º ESO o seu país e os aspectos máis destacados da súa historia, paisaxe e cultura. Nesta actividade, organizada polo departamento de lingua galega e o EDLG, a alumnado asistente descubriu o batuko, unha expresión artística cantada, tocada e bailada por mulleres, que estivo prohibida mentres non acadaron a independencia de Portugal. Na actualidade o batuko está vivo, tamén entre a comunidade caboverdiana de Burela, que formou o grupo Batuko-Tabanka. Ao final o noso alumnado interesouse por aspectos concretos da educación, da sanidade, do turismo ou da música caboverdiana sobre os que os profesores amablemente responderon.
|
|||
Hoxe martes, 18 de outubro, tivo lugar a entrega dos certificados de Lingua portuguesa no IES do Milladoiro no que participaron, Filipa Soares, Agregada de Educación da Embaixada de Portugal e Coordinadora do Ensino do Portugués em España e Andorra, acompañada polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García. O pasado mes de xuño presentáronse ás probas de certificación do Camões Júnior trinta e cinco alumnos e alumnas, dos cales trinta e dous acadaron o nivel B1 e tres o A2 en Lingua portuguesa.
Filipa Soares parabenizou o esforzo feito no IES e explicou que este foi o centro que conseguiu examinar o maior número de alumnado, o que supuxo un gran desafío tamén para a entidade que representa, xa que estas probas se realizan en liña, mais en tempo real en conexión desde a escola e o centro en Lisboa. O alumnado que conseguiu os títulos podía levar dous ou tres anos estudando portugués, materia que se implantou neste centro no curso 19-20.
O acto, presidido polo director do IES e que contou coa presenza do presidente da ANPA, foi dirixido por catro alumnas que na actualidade cursan 3º ESO: Saínza Ruíz, Uxía Reyes, Ana Caamaño e Zoe González. Elas falaron en nome dos 130 matriculados en portugués este curso no IES, que enchían o salón, e mais do alumnado que conseguiu a certificación e que xa non está no centro. Agradeceron a oportunidade que se lle deu ao alumnado do IES do Milladoiro de obter esta certificación desde o propio centro e de forma progresiva. Lembraron tamén os proxectos que se desenvolven desde o Equipo de dinamización da Lingua Galega que poñen o foco na lusofonía como elemento normalizador do galego. Neste punto incidiu tamén Valentín García na súa intervención quen lles fixo ver aos discentes a vantaxe que lles supoñía saberen galego para acadaren un bo nivel de competencia en portugués nun curto período de tempo.
Fíxose tamén referencia ao que supoñen as linguas como elemento de unión e de “fraternidade” entre as diferentes culturas que conforman a nosa comunidade educativa, composta por alumnado e familias de 22 nacionalidades diferentes. Para amosar este espírito de fraternidade, o colectivo Euterpe amenizou o acto coa interpretación da famosa canción do Zeca Afonso, Grándola, vila morena.
|
|||
O alumnado de portugués realizou as probas do Instituto Camões para obter a certificación oficial o pasado 15 de xuño. Foron 35 alumnos e alumnas, de entre 2º ESO e 2º de Bacharelato, que se anotaron para poder obter un título oficial de portugués a través das probas que a entidade denomina "Camões Júnior" e que permite que certifiquen, facendo os exames no propio instituto. Empregáronse as dúas aulas de informática, que houbo que preparar instalando un programa específico e mais atender todos os requisitos técnicos e formais que enviaron desde a organización. Aínda que houbo algún problema nos primeiros momentos por fallos na rede, todo se resolveu con éxito no día das probas, que duraron dúas horas e nas que o alumnado tivo que demostrar as súas competencias a nivel de comprensión oral e escrita, así como de expresión oral e escrita. Hoxe, 17 de xullo, enviaron as notas ao centro educativo. Segundo indican desde a Embaixada de Portugal en Madrid, a coordinadora de ensino do Instituto Camões virá facer entrega dos diplomas en setembro ao IES.
|
|||
O pasado luns, 16 de maio, estivo na biblioteca do noso centro a profesora de portugués na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago, Raquel Queiruga, para facer unha actividade con algún alumnado de portugués de 1º e 2º de Bacharelato.
Ademais de falarlles das opcións que teñen para acceder á EOI, fixo varios xogos con eles para testar os seus coñecementos, con moi bos resultados por parte do noso alumnado. Aquel alumnado que superou mellor as probas, recibiu como agasallo un exemplar do Dicionario Visual Através.
|
|||
Este é un vídeo que recolle todos os proxectos desenvoltos polo alumnado que traballou co modelo SEM este ano. Parabéns a todos e a todas e bo verán! |
|||
O alumnado de 1º ESO escribiu obras de teatro curtas sobre temas de actualidade ligados á súa vida cotiá (O BO USO DOS MÓBILES, A IMPORTANCIA DA LECTURA, A IMPORTANCIA DAS ARTES E DA MÚSICA, A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN E DO DEPORTE, A IMPORTANCIA DO LECER E DO DEPORTE e A INTEGRACIÓN DO ALUMNADO DIFERENTE). Despois, coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interpretou e gravou as súas producións co equipo da radio do centro e, finalmente, adaptou o contido para crear uns cómics. Botádelle unha ollada! |
|||
|
|||
As dúas obras de teatro radiofónico que o alumnado de 1º ESO escribiu e gravou coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega sobre o BO USO DO MÓBIL foron empregadas polo centro, xunto aos carteis de 2º da ESO, para elaborar unha campaña sobre ese tema. Botádelles unha ollada aos vídeos!
|
|||
O alumnado de 1º ESO escribiu obras de teatro curtas sobre temas de actualidade ligados á súa vida cotiá (O BO USO DOS MÓBILES, A IMPORTANCIA DA LECTURA, A IMPORTANCIA DAS ARTES E DA MÚSICA, A IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN E DO DEPORTE, A IMPORTANCIA DO LECER E DO DEPORTE e A INTEGRACIÓN DO ALUMNADO DIFERENTE). Despois, coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, interpretou e gravou as súas producións co equipo da radio do centro. Botádelle unha ollada!
|
|||
O alumnado de 1º ESO escribiu sobre temas de actualidade (BULLYING, CIBERBULLYING, SEXTING, RACISMO, VIOLENCIA DE XÉNERO e MOBING), e fíxoo empregando o formato dos diarios e recollendo os diferentes puntos de vista das persoas implicadas. Despois, creou unhas ilustracións, recompilou todo o seu traballo e creou dous libros. Botádelle unha ollada!
|
|||
O alumnado de 1º ESO creou unhas cancións e uns videoclips en conmemoración do Día das Letras Galegas. Botádelle unha ollada ao seu traballo!
|
|||
|
|||
Hoxe, 8 de febreiro, estivo no centro Ana I. Boullón Agrelo, profesora de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e membro da Real Academia Galega, para dar unha conferencia ao alumnado de 4º ESO B. A especialista en antroponimia, logo dunha introdución sobre a facultade de Filoloxía da USC, centrou a súa charla nos apelidos presentes no noso concello. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Galega en relación ao programa A Ponte da USC. |
|||
O pasado xoves, 28 de febreiro, estivo no centro Xulio César Sousa Fernández, profesor titular de Filoloxía Galega na USC, para dar unha conferencia ao alumnado de 2º de bachararelato dando conta do cambio do significado das palabras ao longo do tempo. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Galega en relación ao programa A Ponte da USC. |
|||
O martes 21 recibimos no centro as poetas Lucía Aldao e María Lado, compoñentes do dúo "Aldaolado". Ofreceron un recital cheo de humor e música ao alumnado de 3º de ESO. |
|||
A figura de Antón Fraguas foi homenaxeada no noso centro mediante os traballos realizados polo alumnado do EDLG e coa representación de Quen ten un mestre etnógrafo? |
|||
O IES do Milladoiro participou na final do certame de clubs de debate celebrada en Pontevedra o sábado 11 de maio. |
|||
O alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o venres 10 de maio ao Salón Teatro de Santiago para asistir a unha representación d'Os fillos do sol. |
|||
O alumnado de 1º ESO participou o 6 de maio na XXIX edición do Correlingua en Compostela. Baixo o lema "O galego é a fórmula" esta edición reuniu a máis de 1700 alumnos e alumnas de vinte centros educativos. |
|||
A Escola de Educación Infantil do Milladoiro envíanos unha carta de recoñecemento e gratitude ao alumnado de 1º ESO C. Parabéns polo voso traballo ben feito! |
|||
Os regueifeiros Josinho Porto e Sara Marchena iniciaron na arte da regueifa o alumnado de 1º de ESO nunhas divertidas sesións celebradas o 25 de marzo grazas á colaboración do concello de Ames. Información sobre o concurso Enreguéifate: AQUÍ |
|||
Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras, d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato. |
|||
O luns 17 de marzo o alumnado de 3º ESO seleccionado polo EDLG tivo unha charla para coñecer o concurso Youtubeir@s e para animalo a participar. Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego. |
|||
O alumnado de 4º ESO participou o 7 de febreiro no obradoiro "OPS! Falamos portugués. O portugués simples", unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura. |
|||