O pasado luns, 16 de maio, estivo na biblioteca do noso centro a profesora de portugués na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago, Raquel Queiruga, para facer unha actividade con algún alumnado de portugués de 1º e 2º de Bacharelato.
Ademais de falarlles das opcións que teñen para acceder á EOI, fixo varios xogos con eles para testar os seus coñecementos, con moi bos resultados por parte do noso alumnado. Aquel alumnado que superou mellor as probas, recibiu como agasallo un exemplar do Dicionario Visual Através.
|
|||