Con Medea, de Eurípides, interpretada pola compañía de Teatro Xuvenil Párodos, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego volveu novamente ao Festival de Teatro Grecolatino, nesta ocasión no Auditorio Municipal de Ourense e na súa XVII edición. A representación, adaptación amena e áxil dunha das mellores obras do autor dramático, recreou, a través dunha coidada escenografía, a traxedia dun dos personaxes míticos máis intensos da literatura grega. |
|||