Bioloxía e Xeoloxía |
O vindeiro martes día 8 de maio, ás 16:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión informativa para as familias do alumnado que asistirá á saída Ferrol-Fragas do Eume do Proxecto Terra (1º ESO), a cargo da profesora de Paisaxe e Sustentabilidade e responsable da actividade, María López Álvarez. |
|||
O luns 23 de abril visitaron o centro dúas persoas de Arquitectura sen Fronteiras, ONG que traballa pola defensa do dereito a un hábitat digno. Traballaron co alumnado de 1 ESO A e F, reflexionando sobre a nosa contorna, valorando os seus aspectos positivos e negativos e facendo propostas de mellora. |
|||
O xoves 22 de marzo o alumnado de 4º de ESO e o alumnado de Bioloxía de 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar o Dr. Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras). Transmitiunos o amor polo seu traballo e, sobre todo, deu unha lección vital explicando a súa traxectoria profesional con cercanía, simpatía e humildade. |
|||
|
|||
O mércores 24 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO visitará o parque eólico de Sotavento nunha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. |
|||
Dende o curso 2016/2017 no IES do Milladoiro impártese a materia de Paisaxe e sustentabilidade en 1º da ESO. Dende entón, Tania Riveiro, investigadora do Grupo RODA do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, colabora coa profesora encargada da materia, María López (Departamento de Ciencias Naturais). Tania Riveiro explica o resultado das súas investigacións nun artigo que vén de ser publicado na Revista Galega da Educación, editada por Nova Escola Galega.
|
|||
O profesor da Facultade de Bioloxía da USC Óscar Cordero acudiu ao noso centro o martes 9 de xaneiro para falar co alumnado de bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato das investigacións no eido da vacinación contra o cancro. Trátase dunha charla dentro do programa A Ponte da USC, no que o noso centro participa. O obxectivo é facilitar o tránsito entre o bacharelato e os estudos superiores e ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de coñecer as últimas investigacións da man dos seus protagonistas. |
|||
O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro. |
|||
O pasado 28 de marzo de 2017, o alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía e 2º de Bacharelato da materia de CTMA realizou, xunto coas profesoras Patricia Furelos Quintela, Irene García Bernadal e Nieves Sampedro Fernández, unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento, situado en "A Serra da Loba", a 10 km ao sur de As Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña). Durante a estancia no parque, e guiados/as en todo momento por un/unha monitor/a, realizaron, entre outras, as seguintes actividades: - Visita á aula divulgativa, onde escoitaron unha charla sobre enerxías renovables e non renovables. - Visita demostrativa a unha vivenda bioclimática, deseñada seguindo como criterios fundamentais, a sostentabilidade. o aforro e a eficiencia enerxética. - Visita ao taller de enerxía, onde puideron observar de forma directa o funcionamento de aeroxeradores reais. - Visita a un aeroxerador, onde puideron observar, dende a súa base, o seu interior. O obxectivo desta viaxe foi complementar os contidos do bloque 3 das programacións didácticas de Bioloxía e xeoloxía de 4º de ESO e CTMA de 2º de Bacharelato, así como chamar a atención ao noso alumnado sobre a necesidade de aforro e eficiencia enerxética e o repecto polo medio ambiente.
|
|||
Colaboración entre o Departamento de Didácticas Aplicadas da USC e o IES do Milladoiro |
|||
Como en cursos anteriores,o Departamento de Ciencias Naturais leva á práctica un dos obxectivos da súa Programación Didáctica: o coñecemento e a concienciación sobre hábitos alimentarios saudables. Na foto,o alumnado de 3º ESO E, ao coidado do profesor Juan Fraga, nun almorzo saudable. |
|||
|
|||
O mércores 20 de xaneiro un grupo de 4º de ESO realizou na cafetaría do centro un almorzo saudable. A actividade, ao coidado de Juan Fraga, profesor da materia de Bioloxía e Xeoloxía, fai realidade un dos obxectivos recollidos na programación do Departamento de Ciencias Naturais: o coñecemento e a concienciación sobre hábitos alimenticios saudables, en especial os almorzos. |
|||
|
|||
- TEMA 9:FORZAS E MOVEMENTO 5- As forzas e os seus efectos: - Inercia; por que é importante empregar o cinto de seguridade: https://www.dropbox.com/s/yyfgoa9xfxmsrr8/Importancia%20y%20efectividad%... 6- A atracción gravitatoria: - Se deixo caer dous corpos de diferente masa á vez, chegan ao chan ao mesmo tempo?: https://www.dropbox.com/s/jjxmvn8lw2mgwr6/Todos%20os%20corpos%20caen%20%... 7- O principio de Arquímides: - Por que un flota un barco de aceiro?: https://www.dropbox.com/s/cvl43hx2c3dhybq/Por%20que%20flota%20un%20barco... - TEMA 10: A ENERXÍA E AS SÚAS FORMAS 2- Tipos de enerxía: - Lei da conservación da enerxía: https://www.dropbox.com/s/sqooh6iwx8glxvj/lei%20conservaci%C3%B3n%20ener... - Rozamento: + Nave espacial entrando na atmosfera terrestre: https://www.dropbox.com/s/ztvgox3dftzwbgr/rozamento%20ao%20entrar%20na%2... + No espazo non hai rozamento: https://www.dropbox.com/s/krndim083sufp26/Sen%20rozamento.avi?dl=0 - Enerxía eléctrica: https://www.youtube.com/watch?v=d9YiX5dY86Y - Enerxía de fusión nuclear e Spiderman: https://www.dropbox.com/s/ioeep609szsvtd4/octopus.avi?dl=0 3- Traballo: - Pancas: https://www.dropbox.com/s/6txqje7o84msnpr/pancas.avi?dl=0 |
|||
|
|||
|
|||
Adxunto presentación da UD.2. A orixe e evolución dos seres vivos. |
|||
|
|||
Alumnado: 1º Bach
|
|||
|
|||