ATLANTIS. A CIENCIA DO MITO

O xoves 3 de maio o xornalista e divulgador científico Emilio Varela deu unha longa charla ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, na que mesturou os seus coñecementos de xeoloxía, bioloxía, literatura, xeografía, historia etc. A resposta do noso alumnado foi excelente e o conferenciante quere que lle transmitamos o seu agradecemento polo bo comportamento e a participación do grupo. Ante o interese suscitado por algunhas cuestións e a imposibilidade de contestalas todas, Emilio Varela enviounos estes enlaces: aquí e aquí.