O pasado mércores 17 de xaneiro achegámonos ata Rois, convidados polo SNL do concello de Ames, para participar na xornada de formación do Club de Debate, aínda que este ano non imos competir. O alumnado do IES do Milladoiro compartiu a xornada con alumnado de institutos de Carballo, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. A actividade pretende favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera). Traballáronse contidos relacionados coas habilidades comunicativas e fixéronse prácticas de debate. Tamén houbo outra xornada de formación o día anterior, nesta ocasión en Pontevedra, a onde acudiu o alumnado do IES de Bertamiráns. |
|||