O pasado 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía no centro pero tamén participamos nas actividades do Concello de Ames, tanto na gala que celebraron o propio día á tardiña na Casa de Cultura de Bertamiráns, coma coa acción "Luxo no lixo". Á gala achegámonos cun programa especial sobre Rosalía no que Diego Madarnás fixo en directo o seu programa de "Entrevistas con Diego" cuns "expertos" en Rosalía (Yago, Mateo, Claudia e Héctor)
Por un lado, colocamos ao lado das papeleiras do interior do centro os adhesivos que o concello imprimiu dentro da campaña "Luxo no lixo" (coa que se reivindica a poesía -un luxo- en calquera espazo, mesmo ao lado do lixo). Así podemos ler versos da poeta sempre que vaiamos tirar algo ao lixo, ou o que é o mesmo, ir tirar algo ao lixo para poder ter o luxo de ler poesía.
Tamén fixemos ese día unha lectura voluntaria de poemas nos recreos, en colaboración coa biblioteca. A rapazada do EDLG de 3º decorou e preparou un espazo de lectura:
|
|||