Por que celebramos un Día das Letras Galegas?

Dado que hai unhas semanas estivo no noso centro Carlos Callón, para presentar o seu Libro negro da lingua galega, colocamos na entrada do IES unha exposición con algúns cartaces con feitos significativos que recolle esta obra súa. Como cadrou moi perto das Letras Galegas, aproveitamos para provocar a reflexión da comunidade educativa facendo que, ao tempo que se informaba sobre Luísa Villalta, tamén procurase neses cartaces respostas á pregunta que formulamos desde o EDLG: Por que celebramos un Día das Letras Galegas?

 

A rapazada do EDLG DE 1º e 2º ESO elaborou os cartaces e mais colocou a exposición

 

Un grupo de alumnas de 1º ESO encargouse de destacar, no Espazo da Igualdade, o pouco número de mulleres homenaxeadas ata o momento.