|
|
Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 19/09/2018 - 18:01
|
Con data do 31 de agosto, o centro recibiu un correo do Servizo de Comedores Escolares no que se nos informaba, por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Otaivén Barcala, de que dado o novo sistema de adxudicación, agora centralizado na Consellería, as cafeterías non poderían abrir ata o remate do proceso.
A cafetería non abrirá, xa que logo, polo momento. Hoxe, 19 de setembro, consultamos ao Servizo de Xestión de Comedores sobre a data de apertura e comunicóusenos que se realizará "proximamente".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 15/09/2018 - 10:22
|
REUNIÓNS COAS FAMILIAS
Reunión informativa coas familias e o alumnado de 1º de ESO: xoves 6 de setembro, 18.00
Reunión informativa co alumnado novo no centro de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato e coas súas familias: luns 10 de setembro, 18.30
PRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO
Luns 17 de setembro, 13.00
PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS DE ESO
Martes 18 de setembro
1º ESO: 11.30 - 12.30
2º ESO: 12.00 - 12.30
3º ESO e 4º ESO: 12.30 - 13.00
Haberá servizo de bus para o alumnado transportado de 11.30 a 13.00
INICIO DAS CLASES
Mércores 19 de setembro, no horario habitual do centro: 8.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 04/09/2018 - 09:45
|
Informamos de que está aberto o prazo para solicitar bolsas de estudos do Ministerio para diferentes estudos.
As solicitudes deben realizarse na sede do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Toda a información na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte [aquí].
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/07/2018 - 09:54
|
As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos arquivos adxuntos. No caso das axudas para material escolar, o alumnado con materias pendentes para setembro non figura en ningunha destas listas. Sairá nas listaxes definitivas, o 14 de setembro. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 13 e luns 16.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/06/2018 - 11:31
|
Antes do 26 de xuño o alumnado debe deixar baleira e aberta a súa consigna. Pode recoller a copia da súa chave na secretaría do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 21:44
|
A LOMCE establece que o alumnado de 4º realizará unha avaliación individualizada ao finalizar a ESO. Dita proba "non terá efectos adadémicos, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica". Segundo circular da Consellería de Educación o IES do Milladoiro resultou seleccionado "aplicando criterios estatísticos (...) para formar parte da mostra de centros participantes". Máis información aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 12:00
|
O venres 18 de maio tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o acto de despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Desexámoslle moita sorte!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 11/05/2018 - 13:00
|
O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 07/05/2018 - 18:46
|
O día 20 de abril, o alumnado de 1º e 3º de ESO do grupo TEI (Titoría entre iguais) realizou un roteiro pola cidade de Santiago no que algúns alumnos e alumnas de 3º incumpriron as súas obrigas. Conscientes diso, queren pedir desculpas públicas: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 15:44
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 15:30
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 27/04/2018 - 20:36
|
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de maio. Máis información: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 24/04/2018 - 17:06
|
O venres 23 de abril ábrese o prazo para inscribirse no "VI Campus de verán Xuvenciencia", que terá lugar do 2 ao 6 de xullo e vai dirixido a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Máis información e preinscrición aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 14/04/2018 - 17:34
|
O MEC convoca axudas para que o alumnado de 1º e 2º de ESO poida participar en campamentos de inmersión lingúística en inglés en xullo de 2018. Máis información: aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 09/04/2018 - 10:40
|
Con motivo do Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora o 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano e mais Agareso promoveron o vídeo participativo: Das mulleres xitanas para todas as mulleres. Marcando a diferenza. Foi presentado o venres pasado, 6 de abril, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 05/04/2018 - 18:56
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 04/04/2018 - 10:31
|
O Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza a súa V Xornada gastronómica e invita a participar a toda a comunidade educativa. Instrucións aquí
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 26/03/2018 - 08:17
|
Tal e como marca o calendario escolar da Xunta de Galicia, volvemos ás clases o martes 3 de abril.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 21/03/2018 - 14:04
|
Do 21 de marzo ao 17 de abril a Biblioteca contará en préstamo coa "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dun conxunto de 42 obras de diversos xéneros que supoñen un recurso para traballar nas aulas temas como a corresponsabilidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a violencia de xénero, a identidade, a historia das mulleres... Hoxe achegáronse a ela os primeiros grupos de 2º de ESO a través dun xogo de "Caza do tesouro".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 14/03/2018 - 14:20
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/02/2018 - 18:33
|
No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.
Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.
Toda a información en: https://www.campuscientificos.es/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/02/2018 - 14:36
|
No BOE do 15/2/18 publícase a Resolución pola que se convocan axudas para participar nos Campus científicos de verán, que se realizarán entre os días 1 e 28 de xullo.
Van destinados a alumnado de 4º ESO (que cursen determinadas materias) e de 1º de Bach. ciencias.
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 15:00 h do día 9 de marzo.
Toda a información e presentación de solicitudes en: https://www.campuscientificos.es/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 17:57
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 01/02/2018 - 10:27
|
Na reunión do pasado 30 de xaneiro, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, da que forman parte as persoas responsables das xefaturas dos departamentos didácticos, acordou recomendar ao profesorado non mandar deberes do martes para o mércores.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 19/01/2018 - 12:00
|
A saída adiántase ás 22.00. Lugar: aparcadoiro fronte ao IES do Milladoiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 21/12/2017 - 11:53
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 19/12/2017 - 11:55
|
Co motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que terá lugar o martes 30 de xaneiro de 2018, a Biblioteca do IES do Milladoiro organiza o seu II Concurso literario baixo o título "TEXTOS EN PAZ", dirixido a todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Bases neste enlace.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 15/12/2017 - 11:22
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 30/11/2017 - 12:11
|
Recordamos que a Consellería de Educación estableceu como Día do Ensino para o curso 2017/2018 o 7 de decembro, que polo tanto será día non lectivo (ORDE do 12 de xuño de 2017).
|
|
|
|
|
|
|