Un alumno e unha alumna, PREMIOS AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN persoal na ESO (2016-2017)

   O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.

 ---

  A Consellería de Educación da Xunta de Galicia concedeu vinte premios ao esforzo e á superación persoal na ESO durante o curso 2016/2017, dos cales dous foron obtidos por un alumno e unha alumna do noso centro. Parabéns! A eles e a todo o profesorado e ao equipo de orientación.

  Amósase unha vez máis que a aposta do IES do Milladoiro por unha educación inclusiva obtén resultados. Só tres institutos, entre eles o noso, tiveron máis dun alumno premiado. Ademais, é a segunda vez que obtemos este recoñecemento na curta vida do centro. Reafirmámonos na nosa convicción de que o ensino público debe garantir a igualdade de oportunidades e na necesidade de traballar arreo nos casos de especial dificultade.

  Estes premios queren ofrecer un recoñecemento público ao alumnado con especiais dificultades pola dedicación e esforzo amosados ao longo da ESO para vencelas. Tamén supoñen un recoñecemento do labor docente, da coordinación xeral do centro e do equipo de orientación.