Convivencia |
|
|||
O Departamento de Orientación e a Coordinadora de Convivencia e Benestar do IES do Milladoiro desenvolveron na segunda semana do mes de novembro unhas actividades de sensibilización sobre o trastorno de espectro autista (TEA) a través da asociación ASPANAES, que levou ao noso centro a unha dos súas usuarias, Mónica Otero Calvo, que ademais, como membro do CAIA (Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia) representa, dentro de esta entidade, unha labor de posta en coñecemento dos problemas e demandas da mocidade que ten trastornos do neurodesenvolvemento. Mónica fixo unha intervención na que amosou as súas características e situacións que, como persoa afectada polo trastorno do espectro autista, viviu na súa experencia escolar e social: percepción sensorial distinta, dificultades para comprender o que se quere de ela, interpretar as situacións sociais,comprender os dobles sentidos, desenvolver condutas que poden semellar aos demais como inapropiadas ou desenvolvidas fora de contexto… Mónica insistiú en que ao contrario do que moitas veces se pensa, as persoas que teñen TEA si desexan ter amizades, pero este propósito vese dificultado pola dificultade de comprender as intencións das outras persoas, o que moitas veces pode dar lugar a situacións de illamento. A nivel educativo Mónica destacou problemas que afectan a este tipo de alumnado como a falta de concentración, a sobresaturación de información e o sufrimento causado pola falta de comprensión das situacións sociais e o maior risco de verse afectados por situacións de acoso escolar. A parte final da exposición foi a de unha petición de axuda ás persoas con TEA, amosando tolerancia, comprensión ante estas dificultades e contribuindo así a unha escola inclusiva, que fai realidade e aporta pleno significado ao noso lema “SOMOS DIFERENTES, SOMOS REFERENTES!” |
|||
O pasado venres 4 de outubro, máis de 150 rapazas e rapaces acompañadas de dez docentes do IES do Milladoiro realizaron unha particular andaina desde o centro até o Banquete de Conxo. A saída didáctica consistía en tecer redes emocionais de coñecemento mutuo entre o alumnado acabado de chegar a primeiro da ESO e o alumnado acolledor de terceiro da ESO.
Agradecemos a colaboración da ANPA do IES do Milladoiro polo apoio mostrado e por sufragar a entretida actividade de dinámicas de grupo realizada por Brais Fernandes e Katsikoula. Un luxo poder gozar da natureza da nosa contorna coa rapazada. Continúa lendo no blog de actividades do IES do Milladoiro.
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!. |
|||
O venres, 21 de xuño celebrouse na Casa da Cultura a Gala do décimo aniversario do IES do Milladoiro. Os actos comenzaron ca inauguración da exposición "Ao son da oralidade, da pedra á palabra", recente gañador do premio Antón Fraguas. Posteriormente desenvolveuse a gala, na que os protagonistas foron alumnado, profesorado, ex-profesorado e ex-alumnado. Velaiquí tedes algunhas imaxes da emocinante cerimonia.
O Milladoiro que queremos!!!
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Coordinadora de Convivencia, despois de organizar a visita e benvida do alumnado de primaria ao noso centro, continuou coas súas actividades o pasado día 20 para rematar o curso sementando convivencia positiva.
Pola mañán tivemos a sorte de contar con un obradoiro internacional: galego-mozambicano. Por unha banda Brais Fernándes realizou unha sesión de dinámicas de reflexión colectiva e con Américo “Festinhas” achegámonos á danza e ao teatro de Mozambique para reafirmarnos, unha vez máis, na enerxía positiva que desprende a arte.
Pola tarde continuamos cunha sesión de cinema reflexivo, arredor da saúde mental na adolescencia, o racismo, a presión social e o bullying. Este ano, un grupo de alumnas do noso centro participou activamente co proxecto A TRIBO, grazas ao convenio de colaboración que temos con AGARESO e IGAXES). Un proxecto tan interesante como necesario, que nos fai ver máis alá e repensar a situación actual da nosa mocidade con empatía. Un xeito de achegarnos á mirada do noso alumnado cuns óculos máis sociais e solidarios.
A maiores, tivemos a sorte de ver a estrea mundial da curta “A-portas ou A-partas” escrita, realizada e producida polas alumnas de Artes Escénicas e Danza de 4º da ESO do noso instituto. Unhas artistas que nos agasallaron cunha obra audiovisual coa cal moito alumnado se identificou en algunha das tres protagonistas. O debate aberto, no que participou todo o alumnado de 2º da ESO e 3º da ESO, foi moi interesante e dinámico en ambas presentacións.
Agardamos que para o vindeiro curso sigamos construíndo unha comunidade educativa que aposte con firmeza pola convivencia positiva.
Bo verán e gozade das merecidas vacacións. Desexamos que sexan reparadoras para voltar con moita forza e ilusión o vindeiro curso para seguir sementando convivencia positiva.
Un saúdo agradecido das persoas que formamos a Coordinadora de Convivencia
|
|||
Hoxe acudiu o alumnado de 6º de primaria do CEIP de Ventín a visitar e coñecer o que será o seu centro a partir do vindeiro curso 2023.2024. Ali actuaron como cicerones varios membros dos Equipos de Axuda, Leváronnos por todo o centro e lles deron a coñecer os distintos ámbitos e grupos dos que eles, o ano que ven, xa poderán ser parte: axudante de biblioteca, membros do Comité de Igualdade, membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (radio, voluntariado lingüístico, paisaxe, club de debate...) Tamén lles deron a coñecer grandes iniciativas e proxectos como son o Club de Ciencia ou o Colectivo Euterpe. E por suposto, houbo tempo para explicar os novos mecanismos cos que contamos no centro en materia de Convivencia: a Caixa Correo e os Equipos de Axuda. Podédelo ver no seguinte video: |
|||
Dentro das actividades da Coordinadora de Convivencia se desenvolveron tamén algunhas relativas á convivencia e benestar dos docentes. A última de estas, kevada a cabo o 14 de xuño, foi un obradoiro de regulación emocional, desenvolvido polo equipo de Belén Montesa. A experiencia foi moi ben valorada polos asistentes, coincidindo todos eles na idoneidade de continuala no vindeiro curso |
|||
O venres, 9 de xuó desenvolveuse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a presentación do traballo da terceira edición de A Tribo, un proxecto no que participan duas entidades vinculadas á Rede do IES do Milladoiro como son Agareso e Igaxes. Nesta edición o tema a desenvolver foi un dos grandes estigmas do noso tempo: a saúde mental e a realidade presente, en relación ao mesmo, na nosa mocidade, a través da depresión, a ansiedade ou as adiccións e baixo o lema "a saúde mental (tamén) depende de ti". Dentro deste procecto temos que destacar a participación e traballo no mesmo de varias alumnas do noso centro: Alisson Michell Rosero Reyes, Andrea Vakentina Dos Santos Gómez, Clara Victoria Tesorero Carreño, Helena De Lima Costa, Lorena Seoane García, María Isabel Bengui Faria e Viktoria Kevin Sousa Cruz. Dende o IES do Milladoiro mandamos a nosa noraboa ás alumnas polo seu gran traballo e lle damos as grazas pola imaxe tde transmitida do noso centro como un ámbito de reflexión e análise dos grandes problemas e desafios da nosa mocidade actual. |
|||
Hoxe o alumnado de valores de terceiro da ESO do noso IES tivo a sorte de escoitar, sentir e interiorizar toda a enerxía que desprendeu Juan Manuel Montilla (Langui). Un faladoiro emotivo e directo para achegarnos á convivencia positiva desde unha perspectiva moi persoal.
As vivencias narradas por este artista multidisciplinar fixeron que o noso alumnado ficara moi feliz e reflexivo ao rematar a súa exposición. Que non nos digan que non podemos
Obrigado mestre
|
|||
O martes, 28 de febreiro, desenvolveuse no noso centro o primeiro encontro dos Equipos de Axuda do IES Xelmírez I e os do noso centro.. Da man de Brais e as súas dinámicas, o alumnado e os docentes do centro compostelán nos ensinaron a súa experinecia de este modelo de axuda entre iguais, que acaba de iniciar a súa andaina no noso centro e que xa leva varios anos no Xelmírez I, onde o modelo de alumnado disposto a axudar ao seu grupo deu paso a presenza de alumnos cibermentores e medidadores. Grazas ao alumnado e profesorado do Xelmírez I por acudir ao noso centro e ensinarnos todo o que levan feito nun proxecto no que nos iniciamos os primeiros pasos |
|||
Celebrouse o entroido intercultural no noso centro, con gran éxito e colaboración da nosa comunidade educativa e o noso entorno. O seu propósito foi mostrar o que nos define e enorgullece como centro: a nosa riqueza e diversidade cultural e o desexo de desenvolver con ela un modelo de convivencia positiva. Velaquí tedes algunhas imaxes dunha xornada que foi inolvidable |
|||
|
|||
Grazas á colaboración cos E. A. do Xelmirez I e coa súa coordinadora de convivencia Carme Moure, tivemos a sorte de coñecer á nosa formadora Jeni Herbón. É un verdadeiro luxo poder ver o noso alumnado voluntario implicado na formación e con vontade de querer mudar o mundo a mellor. Parabéns a todo este alumnado activista que deu un paso á fronte, tan importante para o noso centro educativo. Poder contar con alumnado e profesorado formado para axudar na mellora da convivencia positiva é un almeiro para a esperanza!!! Grazas tamén ás familias e ao profesorado pola confianza depositada no proxecto. |
|||
A caixa de correo de convivencia serve para recoller suxestións, situacións persoais, queixas, denuncias de agresións ou situacións conflitivas… que desexe facer o alumnado. Estas solicitudes de intervención, presentadas por medio desta caixa de correo, serán aquelas para as que a persoa demandante non atopou outra canle máis directa e conficencial. Na caixa de correo poderá depositarse o modelo facilitado no que se recollan:
A situación que te incomoda e que che gustaría mudar.
Previamente á xestión das mensaxes da caixa de correo de convivencia, haberá unha primeira intervención das persoas compoñentes da Coordinadora de Convivencia para seleccionar aquelas mensaxes que polo seu contido ou características precisen ser dirixidas a outras instancias
A xestión das caixas de correo sempre vai a ser un proceso seguro e discreto, que garantirá a confidencialidade da información recollida a través deste medio e das investigacións posteriores. Os escritos poderán obterse nos seguintes lugares:
Nas columnas en revisteiros, a carón das caixas de correo.
DESCARGA ESCRITO DE CAIXA DE CONVIVENCIA
SE NON SE TEN ESCRITO OFICIAL, PÓDESE EMPREGAR UN ESCRITO Á MAN
As caixas de correo están situadas na planta superior e na intermedia nas columnas centrais. MÁIS INFORMACIÓN DESCARGABLE
INFOGRAFÍA CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA EXPLICACIÓN CAIXA CORREO DE CONVIVENCIA
MÁIS INFORMACIÓN PROTOCOLO EQUIPOS DE AXUDA IES DO MILLADOIRO
|
|||
CLASIFICACIÓN 1º TRIMESTRE 1º PUESTO: 3º ESO E 2º PUESTO: 2º BAC A 3º PUESTO: 1º BAC A 4º PUESTO: 4º ESO A 5º PUESTO: 4º ESO B 6º PUESTO 2º ESO E 7º PUESTO 2º ESO D PREMIO TRIMESTRAL :Invitación a unha consumición de bebida nunha hora de titoría na cafetería para todos os membros do grupo. Premio final de curso:
|
|||
A convivencia é unha das bases fundamentais do instituto, por iso imos premiar aquelas alumnas e alumnos que a favorezan. Un dos aspectos que teremos en conta é a limpeza do noso espazo. A Olimpíada deste curso 2022/2023, a nosa VI OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA, terá como lema “Desfruta do teu instituto”, co propósito de que o alumnado comprenda que o respecto polos espazos repercute nun mellor clima de convivencia no Centro. A Olimpíada pretende premiar aqueles aspectos da limpeza e o coidado das aulas e do Centro con puntos (de 0 a 50) que se irán acumulando ata final de trimestre e de curso. Na Olimpíada non se terán en conta os danos existentes antes do inicio do concurso, reflectidos na acta do estado inicial da aula. CREACIÓN DUNHA COMISIÓN Para levar a cabo a avaliación da Olimpíada haberá unha comisión formada por unha profesora, dous membros do alumnado, un membro de Anpa Milla e un membro do persoal de limpeza do Centro. Esta comisión revisará as aulas e dependencias do centro polo menos unha vez ao mes, de forma aleatoria e en horario que pode variar. En cada revisión obterase unha puntuación que será acumulativa. Debemos ter presente que os baños son un espazo compartido por todos e todas e que os temos que coidar.
Debemos colaborar todo o alumnado e o profesorado no mantemento da limpeza dos corredores nos recreos; para facilitar isto, haberá vasoiras e recolledor nos corredores.
“SE A OLIMPÍADA QUERO GAÑAR LIXO NON DEBO TIRAR"
"SE A OLIMPÍADA QUERO GAÑAR O CENTRO DEBO COIDAR"
|
|||
|
|||
Este venres desenvolverase no noso centro unha nova actividade, dentro do seminario "Ao son da convivencia". Trátase da sesión "A onde queremos ir?", na que se pretende coñecer un exemplo de boas prácticas procedente de Euskadi. Lur Olabarri (orientadora da eskola de Otxandio), Nagore Aguirrebeitia (directora do centro) e Íñigo Ramos (coordinador de orientación pedagóxica) veñen ao IES do Milladoiro a amosarnos o seu proxecto educativo, que recentemente acaba de ser recoñecido co premio Joxe Mari Auzmendi. O faladoiro versará sobre convivencia e boas prácticas no contorno da comunidade educativa. |
|||
O pasado 16 de febreiro rematamos a primeira fase do Proxecto de formación do profesorado "Ao son da convivencia: o Milladoiro que queremos", un traballo de reflexión colectivo no que participaron representantes de toda a Comunidade Educativa.
Foron catro sesións de debate moi intensas e interesantes, nas que nos coñecemos mellor entre nós e deseñamos conxuntamente futuros camiños que seguir para mellorar a convivencia no centro. Debemos agradecer a todas as persoas/entidades que se achegaron ao proxecto para achegar a súa visión de futuro. Damos as grazas tamén á persoa formadora e facilitadora do DAFO, Brais Fernandes, polo seu bo facer e a implicación emocional co proxecto.
|
|||
Durante a semana do 27 ao 31 de xaneiro o alumnado de 1º de ESO coñeceu aos seus titores e titoras de 3º de ESO. Levouse a cabo unha sesión dirixida polo departamento de Orientación onde se realizaron diferentes actividades para potenciar o coñecemento mutuo: xogos de adiviñas, cuestionarios para titores e titorandos e carteis a favor dunha convivencia positiva. |
|||
Como cada curso, arrancamos no centro co TEI (Titoría Entre Iguais). Cada alumno/a de 1º de ESO terá unha persoa titora de 3º de ESO co fin de promover unha convivencia positiva e previr o acoso escolar. Comezamos levando a cabo unhas sesións de sensibilización co alumnado de 1º de ESO do 13 ao 17 de xaneiro e continuamos coas sesións de formación dos titores e titoras de 3º de ESO entre os días 20 e 24. |
|||
A IV Olimpíada de Convivencia chegou á súa fin. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »