Convivencia

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Resultados de xaneiro

III Olimpíada de convivencia: resultados de novembro

Resultados de outubro da III Olimpíada da Convivencia

Fotos TEI 17-18

TEI 17-18

Actividades TEI 2017/2018

REMATA A II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA CON 4º ESO A COMO GRUPO GAÑADOR

Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.

A Olimpíada de Convivencia pretende que  o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!

 

TEI. CURSO 2016/2017

tei

RESULTADO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA-2º TRIMESTRE

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da Convivencia do 2º trimestre. Os gañadores desfrutarán do seu premio o luns 8 de maio na cafetaría do centro.

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE XANEIRO

Preme na imaxe para consultar os resultados de xaneiro:

3/2/17-APRAZADA A SAÍDA DE CONVIVENCIA TEI PREVISTA PARA O MARTES 7 DE FEBREIRO

TITORIAS ENTRE IGUAIS. Díptico e autorización

FOTOS TEI curso 2016-2017

TEI curso 2016/17

ENTREVISTA NA RADIO GALEGA

Audio da entrevista na Radio Galega (14.12.2016) a Carlos Rosón, de Igaxes3, e a Víctor Manuel Santidrián sobre os programas de convivencia no IES do Milladoiro.

O ALUMNADO DE 1º ESO D, GAÑADOR TRIMESTRAL DA "II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA"

O grupo de 1º ESO D acadou a puntuación máis alta da Olimpíada da Convivencia no 1º trimestre. Coñece os resultados trimestrais premendo na imaxe:

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE NOVEMBRO

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da convivencia do mes de NOVEMBRO.

COMEZA A OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA

COMENZA O TEI. CURSO 2016-2017

I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO FINAL E PREMIO

PODIO DE ABRIL: A PIQUES DE REMATAR

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA DO MES DE MARZO: NOVO GAÑADOR DO 2º TRIMESTRE

5/4/2016-OBRADOIRO "BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS" PARA ALUMNADO DE 1º E 3º ESO

O alumnado de 1º e 3º da ESO participará no Obradoiro “Bo uso das novas tecnoloxías”, impartido por Igaxes3, dentro do Programa Conecta-Aleida. Aproveitarase o traballo conxunto que realizará o alumnado de 1º e 3º da ESO, nas horas de titoría e durante cinco semanas como actividade cooperativa do Programa TEI “Titoría entre iguais”, de prevención do acoso escolar.

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA - MES DE FEBREIRO: PÉRDENSE MOITOS PUNTOS POR IMPUNTUALIDADE

PODIUM DE XANEIRO: XA HAI CAMBIOS NOS PRIMEIROS POSTOS DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA

FOTOS TEI [CURSO 15-16]

CARTEIS POLA CONVIVENCIA

Co obxectivo de contribuír a que todas e todos esteamos máis cómodos no Centro, a profesora María José Fernández, responsable da Olimpíada de Convivencia, vén de poñer varios carteis, deseñados polo alumnado de Tecnoloxía da 4º da ESO co apoio da profesora Margarita Porto.

 

O ALUMNADO DE 1º DA ESO A, GAÑADOR NO 1º TRIMESTRE DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA

O grupo de 1º ESO A coa súa titora, María Lapido, desfrutando dunha consumición como premio por acadar a puntuación trimestral máis alta na Olimpíada da Convivencia:

NOVO PODIUM DA I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA DO IES DO MILLADOIRO

No enlace da imaxe poderás coñecer os datos do mes de NOVEMBRO da I Olimpíada da Convivencia que se está a desenvolver no noso centro.

NOVOS TITULARES DE PRENSA

I XORNADAS: A CONVIVENCIA, RESPONSABILIDADE DE TODAS E TODOS. O PROGRAMA TEI COMO PUNTO DE PARTIDA E O TRABALLO EN REDE COMO CAMIÑO

"Unha das liñas de traballo fundamentais do IES do Milladoiro é a convivencia. Entendemos que unha boa convivencia escolar mellora os resultados académicos e produce unha maior satisfacción da comunidade educativa ao mesmo tempo que, a pequena escala, contribúe a mellorar a convivencia na localidade na que o centro desenvolve a súa actividade: O Milladoiro.

 

REUNIÓN DO GRUPO TEI CELEBRADA O 10 DE NOVEMBRO DE 2015

PODIUM DE OUTUBRO DA I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA DO IES do MILLADOIRO

Se queres coñecer o PODIUM de OUTUBRO da I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA no noso centro preme na imaxe:

 

Distribuir contido