O martes, 28 de febreiro, desenvolveuse no noso centro o primeiro encontro dos Equipos de Axuda do IES Xelmírez I e os do noso centro.. Da man de Brais e as súas dinámicas, o alumnado e os docentes do centro compostelán nos ensinaron a súa experinecia de este modelo de axuda entre iguais, que acaba de iniciar a súa andaina no noso centro e que xa leva varios anos no Xelmírez I, onde o modelo de alumnado disposto a axudar ao seu grupo deu paso a presenza de alumnos cibermentores e medidadores. Grazas ao alumnado e profesorado do Xelmírez I por acudir ao noso centro e ensinarnos todo o que levan feito nun proxecto no que nos iniciamos os primeiros pasos |
|||