Normas para o alumnado, Axudas para estudos, Libros de texto, Novas alumnado, Horario de clases

Fondo de libros de texto: datas e prazos

- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de  solicitudes  admitidas e excluídas e exposición das mesmas no  interior  do centro. As persoas  solicitantes poderán acceder  por vía  electrónica  ao  seu  expediente  a  través  da  aplicación  fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

- Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente.

*IMPORTANTEo alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de  setembro ao seu titor ou titora.

- Publicación das listaxes definitivas15 de setembro

Libros de texto para o curso 2021-2022

ESO: Premios extraordinarios

O 4 de xuño publicouse no DOG a ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021. Pode  presentarse o alumnado que  cursase no ano 2020-2021 cuarto curso e teña unha nota media mínima na ESO de 9 puntos. O prazo  de  presentación  rematará o 6 de  xullo de 2021.

Acceso  á información  da convocatoria

Acceso ao DOG

Guía de verán 2021. Bibliotecas escolares

As  bibliotecas  dos  centros públicos  de Ames  elaboraron  un  ano máis a  Guía  de  lecturas  recomendadas  para o verán, guía  que  agora  se pon  á disponsición  da  nosa  comunidade  educativa  a  través  deste  enlace.

Graduación 2021

O  pasado 21  de  maio  o  noso  alumnado  de  2º de  bacharelato  celebrou  o  seu  acto  de  graduación; un  acto  atípico  dadas  as  circunstancias, pero  tamén  cheo  de  emocións.

 

 

INFORMACIÓN SETEMBRO. CURSO 2021/2022

Exames de pendentes: maio 2021

Calendario  para  a realización  de  exames  de  materias pendentes, sen superación de cursos  anteriores. Curso 2020-2021.

Documento

Cuestionarios sobre convivencia escolar. Curso 2020-2021

No  marco  do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e  da Lei 4/2011, de  30 de  xuño,  que desenvolve, prevese  a  redacción  e  execución  en  cada  centro  escolar  da nosa comunidade,  dun Plan  de Convivencia  Escolar. Unha  vez  realizadas  as dúas primeiras  diagnoses, vaise proceder  a  unha  actualización  dos  datos  que permita  dar  resposta  ás  distintas  necesidades  educativas. A recollida  de  datos  realizarase  empregando  cuestionarios  en liña  e  que  son  específicos  para  un  dos  colectivos  que  conforman  a comunidade  educativa: alumnado, familias  e persoal  docente  e non docente. Contan  con arredor  de  15  preguntas  e  cun  tempo  estimado  de  10 minutos  para  a  súa  realización. Poderán cubrirse  ata  o 29  de  abril incluído.

Ás  enquisas  accederase  a través  dunha  clave  que permitirá o  acceso  ás  persoas  dun  determinado  colectivo  e  centro, pero  sen  identificalas de  forma  individual. No  caso  das  familias, cada  unha  cubrirá  un único  cuestionario, independentemente  do número  de  fillos/as  ou  titorandos/as  que  estean  matriculados  no  centro.

A  continuación  aparecen  os  enlaces de  acceso  ás  distintas  enquisas e  tamén unha  sinxela  guía  para  a  súa  elaboración:

          Guía  de  elaboración

Xornada Virtual de Portas Abertas na UDC

A UDC (Universidade da Coruña) organiza o vindeiro xoves, 8  de abril, unha Xornada Virtual de Portas  Abertas coa finalidade de dar a coñecer a súa oferta de titulacións. Haberá  tamén dúas  videoconferencias do presidente  da  CIUG, Pedro  Armas, sobre  a  ABAU e a preinscrición 2021, unha ás 10 h e outra ás 19:30 h.  Máis información en www.udc.es

Encontros Virtuais na USC

Os  días  23, 24  e  25  de  marzo  terán  lugar  os  Encontros  Virtuais  na Zona  USC. Con  eles  a  Universidade  de  Santiago  de  Compostela (campus de  Lugo  e de Santiago),debido  á  situación  derivada  da  covid, pretende  achegarse  ao  estudantado  de  forma  virtual.   A  través  da  páxina web  da  USC https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais poderá  accederse ás páxinas  das  diferentes  escolas  e  facultades, que  contarán  con  vídeos  explicativos sobre  a  titulación, a  opinión  dos  estudantes  sobre  a titulación, enlaces  para  conectarse por  videoconferencia  con  profesorado  e estudantado (en  cada  enlace  figurará  o  horario  de  cada  videoconferencia), etc.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2021.

No  DOG  do 9  de  febreiro  publícase  a orde do 21 de  xaneiro do 2021 pola que  se convocan  as probas  de  acceso  aos  ciclos  formativos  de  grao medio  e de  grao superior  de formación profesional para  o  ano 2021. Neste  enlace pode  accederse  á  convocatoria.

  • Probas  de  acceso  a  grao  superior:  o prazo de presentación de  solicitudes  está  abranguido  entre os  días 18  de  febreiro e  o  3  de  marzo, ambos  os dous  incluídos. Máis  información.

 

  • Probas  de  acceso  a grao  medio:   o prazo de  presentación  de  solicitudes  está  abranguido  entre  os  días 15 e 26 de  marzo, ambos os  dous  incluídos. Máis  información

Reparto de froita

 

O  IES  do  Milladoiro  participa  un  ano máis  no  Plan  de consumo  de  froita  promovido  e  subvencionado  polo  FOGGA (Fondo  Galego de  Garantía  Agraria)  e  a  Unión Europea. Grazas  a  el  repartiremos  froita  fresca (plátanos  e mandarinas tendo  en  conta  a  necesidade  de  adaptación  ao  contexto  da  covid-19)  a partir  do  vindeiro  luns, día 1,  e  ata  o día  12  de  febreiro. O  obxectivo  preferente deste  plan  no   noso  centro  é  o  alumnado de  1º  e  2º de  ESO, que poderá  recoller  froita  no primeiro  recreo. No  segundo,   o  resto  poderá  tomar  a  froita  sobrante.

Esta  acción  responde  á preocupación  pola  saúde  do  alumnado  que  fixo  ao  noso  IES  merecedor  do  distintivo "SELO  DE  VIDA  SAUDABLE".

CiMUS: Xornada de Portas Abertas

O CiMUS (Centro  de  Investigación  en  Medicina  Molecular  e  Enfermidades Crónicas) e o resto de  Centros  Singulares  da  USC (CiQUS, CiTIUS e  IGFAE) organizan o vindeiro  sábado, 28 de novembro, a  4ª Xornada de  Portas  Abertas, que  este  ano  se celebrará  en  formato virtual. Trátase  dunha  xornada  de  divulgación científica  dirixida  ao  público  xeral  e  que  ofrecerá  charlas  en directo, visitas  virtuais  aos  laboratorios  e  mesmo  experimentos.

Calquera persoa  poderá conectarse   a  través da  web https://cienciasingular.usc.es/

Como acceder a Aula Virtual

No documento adxunto que se mostra a continuación tedes un breve resumo que indica como acceder a Aula virtual do IES do MIlladoiro: Acceso AV

Inicio de curso

Este  curso, polas  especiais   circunstancias nas  que  nos  atopamos, o  inicio  de curso  será  escalonado  segundo  a  táboa  que  aparece  máis  abaixo. O  primeiro  día  só  haberá  unha presentación  cunha  duración  aproximada  de 90 minutos  a  cargo  do profesorado titor, que  explicará  as  normas  para  o  alumnado  adaptadas  ao  contexto  da  covid-19. Os  horarios  de  cada  un dos  grupos  publicaranse ao  longo  do día 22 na  web  co  centro,  no  apartado "Alumnado". Os  responsables  dos  nosos  alumnos/as  tamén  recibirán  unha  mensaxe  a  través  de  abalarMóbil na  que  se  indicará  o grupo no  que  está  o alumno/a  ao  seu  cargo.

As  familias  non  poderán  acompañar  ao  alumnado  dentro  do  recinto  escolar.

O  mesmo  día  da presentación  procederase  á  entrega  de  libros  pertencentes  ao fondo  solidario da  Xunta ao   alumnado de  ESO.

As  clases  comezarán  en  horario  completo  o día  28; ata  ese  día non  haberá  transporte  escolar. O  luns  28  o  alumnado debe  entregar ao seu  titor/a a  Declaración  responsable  covid-19.

Lémbrase  que a  máscara  é  de uso  obrigado.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Aberta  a  convocatoria  de  bolsas  e  axudas  para  alumnado  con  nescesidade  específica  de apoio  educativo  para  o  curso  académico  2020-2021. O prazo  de  solicitude  rematará o 30 de  setembro. A  través  deste  enlace pode  accederse  a  toda  a  información  ao  respecto.

Para   calquera  aclaración  ou  consulta non  dubide  en  contactar co  centro  educativo.

ABAU: convocatoria extraordinaria setembro 2020

O  prazo  para  a  matrícula  ordinaria   vai  do 3  ao 8  de setembro. Os  exames  terán  lugar os  días 15,16 e 17  de  setembro.  

               Texto  completo  da  convocatoria      

               Enlace  á  páxina  da  CIUG

Normas para a realización dos exames de setembro.

ESO: convocatoria de premios extraordinarios

Convocados  os premios  extraordinarios  de  educación  secundaria  obrigatoria  correspondentes  ao  curso 2019/2020. Pode presentarse o alumnado  que  cursase   o  ano  académico 2019/2020  cuarto  curso. O prazo  de presentación de  solicitudes vai do 27  de  xullo  ao 21 de  agosto  de 2020. Desde  aquí pode  accederse  a toda  a  información  sobre  a  convocatoria.

Bacharelato: convocatoria de premios extraordinarios

Convocados  os premios  extraordinarios  de  bacharelato  para  o  alumnado que  rematase  os  estudos  de  bacharelato no  curso 2019/2020. O prazo  de presentación de solicitudes  vai  do  23  de  xullo  ao  24  de  agosto de 2020.  Desde  aquí pode  accederse  a toda  a  información sobre  a convocatoria.

Resultados da ABAU da convocatoria ordinaria 2020

O  noso  IES  vén  de    obter  o  100%  de  aprobados na  ABAU.

PARABÉNS  A  TODOS  E TODAS!

Xornadas de portas abertas virtuais da UDC

Calendario das probas de setembro

As probas  da convocatoria  extraordinaria de setembro  do  curso  2019/20 celebraranse   seguindo  o  calendario  que aparece  a  continuación. No  caso  de  que  as  circunstancias  non  permitan  a  realización presencial  das probas,  realizaranse  a  través da  aula  virtual  do  centro.

Acceso  ao  calendario

Guía de verán 2020. Bibliotecas escolares

As  bibliotecas  dos  centros  públicos  de  Ames  retomaron  o  contacto ao longo  do mes de  maio para preparar  a  Guía  de  lecturas recomendadas  para o verán 2020, guía  que  agora  pon  á  disposición  das  familias    a  través  deste  enlace.

Calendario final de curso 2019/20 para ESO e 1º de bacharelato

DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA [CURSO 2021-22]

Devolución dos libros do fondo solidario de libros de texto

Devolución dos libros do fondo solidario de libros de texto

Os libros  prestados  do fondo solidario  de libros  de texto serán  recollidos  polos  titores/as  entre os  días 16  e  19  de  xuño, agás  aqueles  necesarios  para  preparar  os  exames  de  setembro se  o  alumno/a xa  ten  esta  información.

A  devolución  realizarase  seguindo  o  calendario  que  aparece  máis  abaixo  e  durante  o proceso  respectaranse  as normas  de  seguridade (distancia  física, máscara,etc.). As  familias  ou  o propio  alumnado  que non poida  vir  no  horario que  lle  corresponde  poderá devolver  os  libros  en  vicedirección  o  xoves 25  ou  o  venres 26  entre  as 10  e  as  13  horas. Se,  tras  a  recepción  de notas  a  través  de  abalarMóbil, algún  alumno/a  necesitase  para  setembro  algún  libro  xa devolto  ao  Fondo de Libros, debe  pedilo  en  vicedirección  o  xoves 25  ou  o  venres 26  entre  as  10  e  as  13 horas.

Recordamos  que  a  falta  de devolución  de todos  os libros  prestados  no prazo  indicado (sexan  do  curso  actual  ou  de  calquera  outro), será  causa  de  exclusión  da  participación  no  fondo  solidario  e  das  axudas  para  adquirir  libros  de  texto  e  material  escolar  no  curso 2020/21.

  Martes 16 Mércores 17 Xoves 18 Venres 19
9:00-10-00 1º  ESO A 2º  ESO A 3º  ESO  A 4º  ESO A
10:00-11:00 1º  ESO B 2º  ESO B 3º  ESO B 4º ESO B
11:00-12:00 1º  ESO C 2º  ESO C 3º  ESO  C 4º  ESO C
12:00-13:00 1º  ESO D 2º  ESO D 3º ESO D  
13:00-14:00 1º  ESO ÁMBITO 2º  ESO PMAR 3º ESO PMAR  

 

O  alumnado  con libros  do  fondo  que  deba  acudir á  convocatoria  extraordinaria  de  setembro  terá  que  entregar  os  libros  prestados das  materias  suspensas  o  venres 4  de  setembro  ao seu  titor/a  entre as 10  e  as  12  horas.

Calendario de final de curso para 2º de BAC (ACTUALIZADO)

Dende  aquí pode  accederse  ao calendario  de  final  de  curso 2019-2020  para 2º  de  Bacharelato. O  calendario foi  actualizado segundo  as  últimas  instrucións.

Recollida do material deixado no centro

Distribuir contido