- Día 9 de xullo: publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e exposición das mesmas no interior do centro. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre. - Período de alegacións: 12 e 13 de xullo, exclusivamente. *IMPORTANTE: o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria extraordinaria de setembro ten que entregar os libros prestados o día 6 de setembro ao seu titor ou titora. - Publicación das listaxes definitivas: 15 de setembro |
|||