Devolución dos libros do fondo solidario de libros de texto

Os  libros  prestados  do fondo solidario  de libros  de  texto serán  recollidos na  aula  de  referencia do grupo polos  titores/as  entre os  días 16  e  19  de  xuño, agás  aqueles necesarios  para  preparar   os  exames  de  setembro  se o  alumno/a xa  ten  esa  información.

A devolución  realizarase  seguindo o  calendario  que aparece  máis  abaixo  e  durante o proceso  respectaranse  as  medidas  de  seguridade  (separación física, máscara...). As  familias  ou o propio  alumnado  que non poida vir  no  horario  en  que  lle  corresponde  poderá  devolver  os  libros  en vicedirección  o  xoves 25  ou o  venres 26  de  10  a  13  horas. Se,  tras  a  recepción  de notas  a  través de  abalarMóbil,  algún  alumno/a necesitase  para  setembro  algún  libro  xa  devolto  ao  Fondo  de  Libros, debe  pedilo  en vicedirección  o  xoves  25  ou  o  venres 26  entre  as  10  e  as  13 horas.

Recordamos  que  a  falta  de  devolución  de  todos  os libros  prestados  no prazo  indicado (sexan do  curso  actual ou  anterior)  será  causa  de  exclusión da participación  no  fondo solidario  e  das  axudas  para  adquirir  libros  de  texto  e  material  escolar  no curso 2020/21.

  Martes 16 Mércores 17 Xoves 18 Venres 19
 9:00-10:00 1º  ESO A 2º  ESO A 3º  ESO A 4º ESO A
10:00-11:00 1º  ESO B 2º  ESO B 3º  ESO B 4º ESO B
11:00-12:00 1º  ESO C 2º  ESO C 3º  ESO C 4º ESO C
12:00-13:00 1º  ESO D 2º  ESO D 3º  ESO D  
13:00-14:00 1º  ESO  ÁMBITO 2º ESO PMAR 3º  ESO PMAR  

 

O  alumnado  con libros  do  fondo  que  deba  acudir  á  convocatoria  extraordinaria  de  setembro  terá  que  entregar  os  libros  prestados  das  materias  suspensas  o  venres 4  de  setembro  ao  seu  titor/a  entre  as  10  e  as  12  horas.