O IES do Milladoiro participa un ano máis no Plan de consumo de froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el repartiremos froita fresca (plátanos e mandarinas tendo en conta a necesidade de adaptación ao contexto da covid-19) a partir do vindeiro luns, día 1, e ata o día 12 de febreiro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º de ESO, que poderá recoller froita no primeiro recreo. No segundo, o resto poderá tomar a froita sobrante. Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao noso IES merecedor do distintivo "SELO DE VIDA SAUDABLE". |
|||