Os días 23, 24 e 25 de marzo terán lugar os Encontros Virtuais na Zona USC. Con eles a Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo e de Santiago),debido á situación derivada da covid, pretende achegarse ao estudantado de forma virtual. A través da páxina web da USC https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais poderá accederse ás páxinas das diferentes escolas e facultades, que contarán con vídeos explicativos sobre a titulación, a opinión dos estudantes sobre a titulación, enlaces para conectarse por videoconferencia con profesorado e estudantado (en cada enlace figurará o horario de cada videoconferencia), etc.