Formación Profesional |
INFORMACIÓN XERAL FORMACIÓN PROFESIONAL. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO
EXAMES DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO CORRESPONDENTES A CONVOCATORIAS ANTERIORES
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
INFORMACIÓN XERAL DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
EXAMES DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR CORRESPONDENTES A CONVOCATORIAS ANTERIORES
CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES |
|||
PROBAS DE ACCESO A CICLOS:
MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES LIGAZÓNS: INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO. CONVOCATORIA 2023 INFORMACIÓN PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2023 |
|||
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitiva de solicitudes, sedes e instruccións. |
|||
Publicouse na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións correspondentes ás probas de acceso a ciclos de grao medio da convocatoria do ano 2022. |
|||
Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
LIGAZÓNS A MÁIS INFORMACIÓN
ORDE DO 17 DE DECEMBRO DE 2021
REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
DATAS E LUGARES DE INSCRICIÓN A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
COMPROBACIÓN DE DATOS Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos no DNI ou NIE da persoa solicitante, e ademáis os seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:, relativos á aplicación a circunstancia que acredita e que son os seguintes:
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte: a) Parte sociolingüística:
B) Parte matemática:
c) Parte científico-técnica:
Proba de acceso ao grao medio, exencións
EXENCIÓN TOTAL DA PROBA Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:
En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.
EXENCIÓN PARCIAL Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo, algunha das seguintes circunstancias: 1. Exención da parte sociolingüística:
2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:
3. Exención da parte científico-técnica:
En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación.
En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.
En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.
RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 19 de abril.
RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE EXENCIÓN E DE PROBA ADAPTADA A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 23 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.
Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.
A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 19 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022 no horario que se indica a seguir:
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
RELACIÓNS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE CUALIFICACIÓNS A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 6 de xuño. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 7 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.
EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 22 de xuño.
En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.
|
|||
Está publicada a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022. Prazos de presentación de solicitudes:
LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN |
|||
No DOG do 9 de febreiro publícase a orde do 21 de xaneiro do 2021 pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2021. Neste enlace pode accederse á convocatoria.
|
|||
|
|||
|
|||