Convocatorias

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. Período de inscrición: do 3 ao 16 de marzo

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

LIGAZÓNS A MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA INFORMATIVA: FORMACIÓN PROFESIONAL. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE. PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 

 

ORDE DO 17 DE DECEMBRO DE 2021

 

APLICACIÓN CICLOSPROBAS

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para accederen a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

 

DATAS E LUGARES DE INSCRICIÓN

A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

 

Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2021/22.

 As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato pdf co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.

 

No caso de solicitantes menores de idade, poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

 

O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

 

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 

  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

  • Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras.

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma. 

  • Xustificación documental do diagnóstico de TDAH.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma.

  • Certificado de profesionalidade.

  • Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda.

  • Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

  • Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio

     

A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 

COMPROBACIÓN DE DATOS

 Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos no DNI ou NIE da persoa solicitante, e ademáis os seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:, relativos á aplicación a circunstancia que acredita e que son os seguintes:

  • Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia 

  • Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia.

  • Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia.

  • Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia.

     

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

a) Parte sociolingüística:

  • Lingua Castelá.

  • Lingua Galega.

  • Ciencias Sociais.

 

B) Parte matemática:

  • Matemáticas.

 

c) Parte científico-técnica:

  • Ciencias da Natureza.

  • Tecnoloxía.

 

Proba de acceso ao grao medio, exencións

 

EXENCIÓN TOTAL DA PROBA

 Poderán quedar exentas da totalidade da proba as persoas que acrediten algunha das seguintes circunstancias:

  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.

     

En calquera destas circunstancias, poderase participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo correspondente.

 

EXENCIÓN PARCIAL

Poderán quedar exentas dunha parte da proba as persoas que acrediten, mediante o documento xustificativo, algunha das seguintes circunstancias:

1. Exención da parte sociolingüística:

 

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia 

  • Superación dos módulos profesionais de Comunicación e Sociedade I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación dos ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas 

     

2. Exención da parte matemática e da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia

  • Superación dos módulos profesionais de Ciencias Aplicadas I e II dun título de formación profesional básica

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial

  • Superación do ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.

     

3. Exención da parte científico-técnica:

  • Exención recoñecida dunha convocatoria anterior das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

  • Superación dos módulos profesionais dun título de formación profesional básica, agás o módulo de Formación en Centros de Traballo e os módulos asociados aos bloques comúns.

  • Superación dos módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en Centros de Traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.

  • Certificado de profesionalidade de calquera nivel.

  • Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta allea, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a, onde conste a empresa e o período de contratación.

 

En caso de persoal das Forzas Armadas, certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual, onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio.

 

En caso de traballadores e traballadoras por conta propia, a documentación que se presentará será o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social onde conste o período de cotización no réxime especial de traballadores/as autónomos/as, ou o equivalente da mutualidade laboral en que se estivese afiliado/a.

 

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación provisoria de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 23 de marzo. Esta listaxe dará información sobre a solicitude e a documentación presentada. No caso das exclusións farase indicación expresa dos motivos que as ocasionen.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición. Así mesmo, durante o período de reclamación poderase achegar a documentación pendente de entrega ou reclamada pola Administración referente ao solicitado na folla de inscrición.

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 19 de abril.

 

 RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES DE EXENCIÓN E DE PROBA ADAPTADA

 A resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 23 de marzo. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

Contra estas resolucións provisorias as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día 24 ao día 30 de marzo, ambos os dous incluídos, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática.

 

A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 19 de abril. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación.

 

REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2022 no horario que se indica a seguir:

 

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

     

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.

 

RELACIÓNS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE CUALIFICACIÓNS

 A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 6 de xuño.

Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 7 ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizase a inscrición.

A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 21 de xuño.

 

EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS

 Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 22 de xuño.

 

En caso de superación total da proba, a certificación que o acredite dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

Ás persoas que non superen a proba na súa totalidade, esta certificación permitiralles conservar durante os dous anos seguintes as cualificacións obtidas nas partes superadas para as convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A certificación recollerá, pola súa vez, as posibles exencións outorgadas, que manterán a súa validez para futuras convocatorias, sempre que se manteña a mesma estrutura da proba de acceso.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 iniciáronse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Convocatoria 2022

Está publicada a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022.

Prazos de presentación de solicitudes:

 

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: o prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: o prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓN A MÁIS INFORMACIÓN

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO

Convocatoria do Consello Escolar do 14 de outubro de 2021

Convocatoria do Consello Escolar do 16 de setembro de 2021

Convocatoria do Consello Escolar do 15 de setembro de 2021

Convocatoria do Consello Escolar do 14 de xullo

Convocatoria

Convocatoria do Consello escolar do 30 de xuño de 2021

Convocatoria do Consello escolar do 4 de xuño de 2021

Convocatoria do Consello escolar do 31 de maio de 2021

Convocatoria do Consello escolar do 26 de maio de 2021

Convocatoria do Consello escolar do 25 de xaneiro de 2021

Convocatoria Consello do 21 de decembro de 2020

Convocatoria Consello escolar do 18 de novembro de 2020

Convocatoria Consello escolar do 29 de outubro de 2020

Convocatoria Consello escolar do 13 de outubro de 2020

Convocatoria Consello escolar do 30 de xuño de 2020

Convocatoria Consello escolar do 2 de xuño de 2020

Convocatoria Consello escolar do 29 de xaneiro 2020

Convocatoria Consello escolar do 5 de novembro

Convocatoria do Consello do 28/06/2019

Convocatoria do Consello do 10/04/2019

Convocatoria do Consello do 29/01/2019

Convocatoria do Consello do 11/12/2018

Convocatoria do Consello do 30/10/2018

Convocatoria do Consello do 29/06/2018

Convocatoria do Consello do 04/06/2018

Convocatoria do Consello do 10/4/2018

Convocatoria do Consello do 23/1/2018

Convocatoria do Consello do 14/12/2017

Distribuir contido