Este curso, polas especiais circunstancias nas que nos atopamos, o inicio de curso será escalonado segundo a táboa que aparece máis abaixo. O primeiro día só haberá unha presentación cunha duración aproximada de 90 minutos a cargo do profesorado titor, que explicará as normas para o alumnado adaptadas ao contexto da covid-19. Os horarios de cada un dos grupos publicaranse ao longo do día 22 na web co centro, no apartado "Alumnado". Os responsables dos nosos alumnos/as tamén recibirán unha mensaxe a través de abalarMóbil na que se indicará o grupo no que está o alumno/a ao seu cargo. As familias non poderán acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar. O mesmo día da presentación procederase á entrega de libros pertencentes ao fondo solidario da Xunta ao alumnado de ESO. As clases comezarán en horario completo o día 28; ata ese día non haberá transporte escolar. O luns 28 o alumnado debe entregar ao seu titor/a a Declaración responsable covid-19. Lémbrase que a máscara é de uso obrigado.
|
|||