No marco do Decreto 8/2015, de 8 de xaneiro, e da Lei 4/2011, de 30 de xuño, que desenvolve, prevese a redacción e execución en cada centro escolar da nosa comunidade, dun Plan de Convivencia Escolar. Unha vez realizadas as dúas primeiras diagnoses, vaise proceder a unha actualización dos datos que permita dar resposta ás distintas necesidades educativas. A recollida de datos realizarase empregando cuestionarios en liña e que son específicos para un dos colectivos que conforman a comunidade educativa: alumnado, familias e persoal docente e non docente. Contan con arredor de 15 preguntas e cun tempo estimado de 10 minutos para a súa realización. Poderán cubrirse ata o 29 de abril incluído. Ás enquisas accederase a través dunha clave que permitirá o acceso ás persoas dun determinado colectivo e centro, pero sen identificalas de forma individual. No caso das familias, cada unha cubrirá un único cuestionario, independentemente do número de fillos/as ou titorandos/as que estean matriculados no centro. A continuación aparecen os enlaces de acceso ás distintas enquisas e tamén unha sinxela guía para a súa elaboración: |
|||