AXUDAS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

 

Acábase de publicar a Orde do 21 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en centros docentes públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar

Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

ENTREGA DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo máximo para tramitar o procedemento será de tres (3) meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia; transcorrido este, a solicitude poderá entenderse desestimada por silencio administrativo negativo.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no instituto e débese presentar:

  • Anexo I. Dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e no instituto

  • Anexo II. Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia domenor.

     

  • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º. Certificado ou volante de convivencia. 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado na orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o alumno ou alumna e todos os familiares que convivan co mesmo, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

     

  • Certificado do grao de discapacidade do alumno ou alumna ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

     

  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar,

     

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

     

  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22. Tampouco será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

A TER EN CONTA

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar. 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

Terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

  • Os fillos e fillas menores de idade con excepción das persoas emancipadas. Terán a mesma consideración as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

  • Os fillos e fillas maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

  • Os fillos e fillas solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

  • Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

  • A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

    Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.



NON TERÁ A CONSIDERACIÓN DE MEMBRO COMPUTABLES

  • A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

  • O agresor nos casos de violencia de xénero.

     

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2019, agás no relativo á violencia de xénero, que se aplicará o disposto na lexislación específica.