Realización da ABAU de maneira adaptada. Prazo ata o 4 de febreiro

 

O alumnado de Bacharelato que presente necesidades específicas de apoio educativo (as necesidades deben estar informadas clínica ou psicopedagóxicamente) poderá solicitar a realización das ABAU de maneira adaptada.

Estas medidas poderán consistir na adaptación dos tempos, a elaboración de modelos especiais de exame e a posta a disposición do estudante dos medios materiais e humanos, das asistencias e apoios e das axudas técnicas que precise para a realización das avaliacións e probas que establezan as Universidades, así como a garantía de accesibilidade á información e a comunicación dos procedementos e ao recinto ou espazo físico onde estes se desenvolvan.

 A determinación das ditas medidas farase sobre a base das adaptacións curriculares que se lle aplicaron ao estudante na etapa educativa no instituto.

As solicitudes (anexo I) deberán facerse unicamente a través do centro no que o estudante realizase os estudos de Bacharelato. Deberá estar asinada polo director, a secretaria e a orientadora do centro. Xunto coa solicitude hai que presentar unha autorización (anexo II) para solicitar as adaptacións e un certificado de secretaría sobre as adaptacións levadas a cabo durante o curso (anexo III). De ser o caso, tamén debe achegarse certificado que acredite o grao de discapacidade.

 

IMPORTANTE: o prazo finaliza o 4 de febreiro

PARA MÁIS INFORMACIÓN PÓDESE CONSULTAR NO CENTRO

 

MÁIS INFORMACIÓN

PROCEDEMENTO NA ABAU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

NORMATIVA

CORRECCIÓN DOS EXAMES DO ALUMNADO CON DISLEXIA