Axudas para libros de texto. Curso 2023/2024

 

PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO, MÉRCORES (INCLUIDO)

DESTINATARIOS

Fondo solidario de libros de texto

  • Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. 

Axudas para adquirir libros de texto

  • Alumnado con discapacidade ≥ 65%) e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE)

Axudas para adquirir material escolar

  • Alumnado matriculado en ESO

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS

  • Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

 

CONTÍA DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %

  • A contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia.

  • O importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

 

CONTÍA DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 75 €
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN

ELECTRÓNICA: UTILIZANDO A APLICACIÓN FONDO LIBROS

LIGAZÓN Á APLICACIÓN FONDO LIBROS

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN FONDO LIBROS
PRESENCIAL

CUMPLIMENTAR

ANEXOS I E II

PRESENCIAL CON ASISTENCIA DA APLICACIÓN

Cubrir os datos na aplicación fondo libros. Imprimir os Anexos I e II e presentalos no centro

 

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES
https://sede.xunta.gal/portada
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

MÁIS INFORMACIÓN

Orde do 10 de maio de 2023

Preguntas frecuentes fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar