Orientación

IV Olimpíada de convivencia

Charla informativa sobre o "Protocolo de igualdade, non discriminación e liberdade de identidade de xénero"

A ANPA Milla invita as familias do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato a unha reunión informativa sobre o  "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero" o martes 18 de decembro ás 19:30 no salón de actos do IES do Milladoiro.

Obradoiro de prevención de condutas adictivas: reunión coas familias.

O martes 18 ás 18:30, no salón de actos do IES do Milladoiro, a psicóloga Belén Montesa dará a coñecer ás familias do alumnado de 2º e 4º de ESO o informe realizado tras o "Obradoiro de prevención de condutas adictivas" levado a cabo nestes cursos coa colaboración do Concello de Ames.

Obradoiro de relacións igualitarias

Dentro das actividades organizadas arredor do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o departamento de Orientación do noso centro organizou un "Obradoiro de relacións igualitarias" para 4º ESO, realizado por membros da ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz). Por indisposición da ponente, o venres 30 de novembro só puido realizarse con 4º ESO A. Os restantes grupos participarán neste obradoiro en canto sexa posible.

Segunda sesión do EPD_Lab

Continúa a andaina neste curso do Laboratorio de educación para o desenvolvemento que AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) leva a cabo no noso centro, este ano con 2º ESO D.

Youtubers polo cambio social

Do 23 de novembro ao 20 de decembro terá lugar no noso instituto o obradoiro Youtubers polo cambio social, realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) en colaboración coa ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz).

Obradoiro de igualdade e convivencia positiva

Dentro das actividades celebradas no IES do Milladoiro para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o venres 23 tivo lugar un Obradoiro de igualdade e convivencia positiva promovido polo CIM do Concello de Ames.

Xornada TEI: xogos populares

 O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida  por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO.

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. O calendario das reunións e das intervencións é o seguinte:
- Formación co profesorado: martes 06/12/18 ás 18:15 horas.
- Intervención co alumnado de 2º e 4º da ESO ao longo das semanas do 12 e 19 de novembro.
- Reunión coas familias de 2º e 4º da ESO: martes 04/12/18 ás 18:15 horas.

Obradoiro de igualdade e bos tratos

Da man do proxecto Aleida - Conecta e de IGASEX3 comenza en novembro o  "Obradoiro de igualdade e bos tratos" que se desenvolverá ao longo do mes nas horas de titoría de 2º ESO.

Celebración do premio da III Olimpíada da Convivencia

Xornada festiva do alumnado de 4º ESO D, gañadores da III Olimpíada da Convivencia do IES do Milladoiro. V. fotos.

Presentación do vídeo A REDE DO IES DO MILLADOIRO

O venres 15 de xuño presentamos ao público o vídeo A rede do IES do Milladoiro. Foi  realizado ao longo deste curso por alumnado voluntario de 2º de ESO, nun obradoiro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios),  froito da súa colaboración coa ACPP Galicia e o noso centro. Queremos agradecer a Antonio Grunfeld e a María Aneiros o esforzo e a ilusión postos neste proxecto. Velaquí o resultado.

Remata a III Olimpíada da Convivencia con 4º ESO D como grupo gañador

Xornada de acollida aos futuros alumnos e alumnas do IES do Milladoiro

O xoves 7 de xuño recibimos ao alumnado que fará 1º de ESO o vindeiro curso. Os seus futuros titores do programa de Titoría entre iguais, que actualmente cursan 2º de ESO, foron os encargados de acollelos e de amosarlles as instalacións: laboratorios, ximnasio, patios, biblioteca, etc.

Enquisas para 1º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 2º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 3º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 4º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 4º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 3º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 2º ESO curso 2017/2018

Enquisas para 1º ESO curso 2017/2018

Reunións de orientación académica e profesional coas familias do alumnado de 1º e 2º de ESO

O luns 21 de maio, ás 18:30 horas, as familias do alumnado de 1º de ESO  están convocadas a unha reunión sobre orientación académica e profesional coa orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, e a xefa de estudos, Paula López. Terá lugar no Salón de Actos do centro. Ás 19.00 están convocadas as familias do alumnado de 2º de ESO.  Máis información aquí.

Un alumno e unha alumna, PREMIOS AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN persoal na ESO (2016-2017)

   O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.

Charla da Garda Civil: Os riscos das novas tecnoloxías

Organizada polo Departamento de Orientación e dentro do Plan Director da Xunta de Galicia, o  mércores 9 de abril tivemos a visita da  Garda Civil para dar unha charla sobre os riscos das redes sociais e as novas tecnoloxías.

Charla sobre Ciclos Formativos de Grao Medio

Á aula de 4º ESO D acudiron dous conferenciantes moi especiais: os nosos exalumnos Saúl Agulleiro e Ian Alonso, que remataron 4º ESO o pasado curso. Explicaron como tomaron a decisión de estudar un Grao Medio, como realizaron a matrícula e que atoparon ao empezar os seus estudos. Compartiron unha experiencia de primeira man que resultou de sumo interese para o alumnado de 4º.

Reunión de orientación académica e profesional coas familias do alumnado de 3º ESO

 O martes 8 de maio, ás 18:15 horas,  as familias do alumnado de 3º ESO están convocadas a unha reunión sobre orientación académica e profesional coa orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, e a xefa de estudos , Paula López. Terá lugar no Salón de Actos do centro.

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

Reunións de orientación académica e profesional coas familias do alumnado

O martes 24 de abril terán lugar as primeiras reunións de orientación académica e profesional entre a orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, a xefa de estudos , Paula López, e as familias do alumnado, co seguinte horario:

18: 15 = 1º BACHARELATO

19: 00 = 4º ESO

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

Obradoiro: O BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O alumnado de 1º de ESO participará, a partir do 18 de abril, nun obradoiro sobre o bo uso das novas tecnoloxías. Será dirixido pola ONG Igaxes, en catro sesións que terán lugar nas horas de titoría de cada grupo.

O IES do Milladoiro na REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

O n.º 70 da Revista Galega de Educación, publicado en marzo, dedícase á aprendizaxe por proxectos e ao carácter formativo da acción titorial. Recolle o caso do noso centro no artigo "Convivencia e saúde en rede: a experiencia do IES do Milladoiro."

Distribuir contido