Dentro das actividades celebradas no IES do Milladoiro para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o venres 23 tivo lugar un Obradoiro de igualdade e convivencia positiva promovido polo CIM do Concello de Ames. O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de reflexionar sobre os estereotipos e roles de xénero. |
|||