Orientación

O IES do Milladoiro na Revista Galega de Educación

O nº 70 da Revista Galega de Educación, publicado en marzo, adícase á aprendizaxe por proxectos e ao carácter formativo da acción titorial. Recolle o caso do noso centro no artigo "Convivencia e saúde en rede: a experiencia do IES do Milladoiro."

Obradoiro: CÍRCULO DE HOMES

Entre o 11 e o 17 de abril os alumnos de 4º de ESO participarán no obradoiro "Círculo de homes" impartido por José Expósito, axente de igualdade de oportunidades.

Última sesión de rodaxe con AGARESO

O 12 de marzo finalizaron as actividades de rodaxe dun documental sobre a Rede do IES do Milladoiro levadas a cabo por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) en colaboración coa ACPP. O noso equipo de gravación de 2º de ESO pasouno moi ben e aprendeu moito. Estamos desexando ver o resultado do seu esforzo!

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar - 1º de Bacharelato

O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 1º de Bacharelato.

Convócase as familias do alumnado de 1º de Bacharelato a dúas reunións informativas no Salón de actos do IES do Milladoiro:

  • 1ª reunión, previa ao traballo co alumnado: martes, 13 de marzo, ás 18:30. 
  • 2ª reunión, posterior ao traballo co alumnado: martes, 2 de abril, ás 18:30.

Obradoiro sobre sexualidade e relacións coercitivas

A partir do xoves 22 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO participará nas horas de titoría no obradorio "Sexualidade e relacións coercitivas" impartido por IGASEX3.

Obradoiro "Diversidade Cultural" para 1º de ESO

A partir do luns 19 de febreiro o alumnado de 1º de ESO asistirá nas horas de titoría ao obradoiro "Diversidade Cultural" impartido por IGASEX3.

Construíndo o meu camiño

A iniciativa da Anpa do IES do Milladoiro, AnpaMilla, "Construíndo o meu camiño" acadou un grande éxito ao poñer en contacto o noso alumnado con profesionais de moi diferentes áreas. Agardamos continuar colaborando para darlle continuidade nos vindeiros cursos!

Na prensa: La Voz de Galicia (1), La Voz de Galicia (2), El Correo Gallego (1) , El Correo Gallego (2)

Construíndo o meu camiño

Charla: "Establecendo vínculos"

Dentro do ciclo  Espazos para reflexionar, a Anpa do IES do Milladoiro Anpamilla organiza a charla "Establecendo vínculos", que será impartida pola Dra. Magdalena Seco (Centro de Saúde do Milladoiro), o vindeiro mércores, 7 de febreiro, ás 17:30 no Salón de Actos do Instituto.

 

Obradoiro "O BO TRATO"

O Centro de Información á Muller  (CIM) do concello de Ames leva a cabo no noso centro o obradoiro O bo trato desde o luns 23 de xaneiro. Está conformado por catro sesións: dúas impartidas pola formadora especializada en educación emocional, Aixa Permuy, e outras dúas impartidas polas titoras e titores de cada grupo. Dirixido ao alumnado de 1º da ESO dos centros de educación secundaria amesáns, o obradoiro busca ser un espazo de reflexión sobre as maneiras nas que as mozas e mozos viven as súas relacións persoais no día a día.

Obradoiro "DESMONTANDO PREXUÍZOS" - AGARESO

O alumnado de 2º de ESO A participará o martes 23 de xaneiro no obradoiro Desmontando prexuízos de AGARESO. O xoves 25 participará 2º ESO C e o martes 30 2º ESO D, E. A participación de 2º ESO B vai incluída no EPD_Lab.

#STOP BULOS- EPD_Lab con AGARESO

AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) continúa co seu Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento en colaboración co noso centro. Aquí podemos  acceder aos traballos de decembro.

Actividades de orientación académica e profesional - 2º BACH.

 

Actividade

Data e hora

Dirixida a

Charla na aula coa orientadora sobre as diferentes opcións e entrega de documentación.

Venres 26 xaneiro 2ª hora.

Alumnado 2º BACH.

Charla da USC no salón de actos.

Martes 30 de xaneiro ás 17:15 horas.

Alumnado 2º BACH.

Visita á USC.

Mércores 7 febreiro.

Alumnado 2º BACH.

Construíndo o meu camiño.

Encontros con profesionais

En colaboración coa ANPA MILLA

8 febreiro a 5º e 6º hora.

Alumnado 2º BACH e de 1º de BACH.

Charla sobre o acceso á universidade e sobre a USC no salón de actos.

Pendente de confirmación.

Nais e pais de 2º de BACH.

ENLACES SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Segundo obradoiro de traballo do EPD_Lab con AGARESO

Neste enlace podemos acceder ao resultado da segunda sesión de traballo, que versou sobre o sexismo nos medios de comunicación. O Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento é unha iniciativa da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) na que o IES do Milladoiro participa nun traballo conxunto con outros catro centros galegos.

Charla: Redes sociais e mocidade

A Nova Escola Galega, en colaboración co Concello de Ames, organiza unha charla-debate sobre Redes sociais e mocidade, o mércores 13 de decembro ás 17:30 no IES do Milladoiro.

Mesa redonda sobre OS DEBERES ESCOLARES

O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 ás 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade "A educación a debate" organizada polo CAFI  (Centro Autonómico de Formación e Innovación) que ao longo de todo o curso tratará temas de interese para toda a comunidade educativa.

2º ESO: Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 2º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 28 de novembro a partir das 19:00.    

 

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar

Os resultados das sesións de formación sobre condutas adictivas que impartiu a psicóloga Belén Montesa ao alumnado de 4º da ESO na semana do 6 ao 10 de novembro serán presentados ás familias nunha reunión que se celebrará no Salón de Actos do Instituto o vindeiro martes 21 de novembro a partir das 19:00.

Resultados de outubro da III Olimpíada da Convivencia

Escola de familias

Este ano a Escola de pais abarca a toda a comunidade educativa do Milladoiro, grazas á implicación no proxecto da ANPA Milla do IES do Milladoiro e das ANPAS da EI A Galiña Azul Figueiras-Ames, da EI Municipal A Madalena, da EEI Millapeques e Anpa As Brañas ( CEIP Ventín ).

As charlas/talleres empezan en novembro.

XIV Xornada de Nais e Pais. Educando en igualdade: rompendo cos estereotipos de xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia organiza estas xornadas que terán lugar o sábado 4 de novembro na EGAP de Santiago de Compostela.

Inscrición.

Prevención de condutas adictivas no ámbito escolar.

O IES do Milladoiro en colaboración co Concello de Ames vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. Convócase ás familias ás seguintes reunións informativas:

 

Xoves, 2 de novembro: familias de 2º e 4º da ESO ás 19:00 horas

Martes, 21 de novembro: familias de 4º da ESO ás 19:00 horas

Martes, 28 de novembro: familias de 2º da ESO ás 19:00 horas.

 

 

II Xornada da Diversidade: O acoso escolar

O sábado 28 de outubro a profesora María López participou nas II Xornadas da Diversidade celebradas na EGAP de Santiago. Explicou as medidas adoptadas no noso centro para garantir unha convivencia saudable e previr o acoso escolar.

Non é  a primeira vez que profesorado do noso centro é convidado a participar como relator, pola nosa experiencia, en xornadas relacionadas con estes temas.

 

Fotos TEI 17-18

TEI 17-18

Actividades TEI 2017/2018

II Xornada da diversidade: "O acoso escolar"

    A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP

Guía para as familias contra o acoso escolar.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou unha sinxela guía para as familias para orientalas ante o acoso escolar. Pode verse no arquivo adxunto.

 

Calendario de reunións coas familias. Curso 2017 - 2018.

CURSO DATA E HORA
4º ESO Martes, 3 de outubro, 18:30 h
1º e 2º BACH. Martes, 3 de outubro, 18:45 h
2º ESO Martes, 10 de outubro, 18:30 h
3º ESO Martes, 10 de outubro, 18:45 h
1º ESO

Martes, 10 de outubro, 19:00 h

Axudas para alumnos con NEAE

O MECD fai públicas as axudas para alumnos con NEAE no curso 2017/2018. V. enlace aquí.

A Orientadora do centro atenderá as familias que teñan dúbidas e queiran solicitar estas axudas os días 11 e 12 de setembro de 10 a 13.30.

Reunión co alumnado novo no centro e as súas familias

O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.

O alumnado novo no centro dos restantes cursos e as súas familias están convocados a outra reunión, o venres 8 de setembro ás 18.00 no Salón de Actos do centro.

PROXECTO EpDLab (LABORATORIO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO) [CURSO 2016-17]

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolveu no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), organizado en 8 obradoiros que se  realizaban cada mes en 2 sesións de 50´ e que, neste curso, estivo dirixido ao grupo de 2º ESO C. O alumnado, organizado en pequenos grupos, construíu as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social.

Distribuir contido