O sábado 28 de outubro a profesora María López participou nas II Xornadas da Diversidade celebradas na EGAP de Santiago. Explicou as medidas adoptadas no noso centro para garantir unha convivencia saudable e previr o acoso escolar. Non é a primeira vez que profesorado do noso centro é convidado a participar como relator, pola nosa experiencia, en xornadas relacionadas con estes temas.
|
|||