O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 1º de Bacharelato. Convócase as familias do alumnado de 1º de Bacharelato a dúas reunións informativas no Salón de actos do IES do Milladoiro:
O alumnado asistirá, dentro do horario escolar, a tres sesións de traballo dirixidas pola psicóloga Belén Montesa, grazas ao apoio do Concello de Ames. Nelas traballarán de forma participativa cuestións como o autocoñecemento, a toma de decisións , o manexo das emocións... Este é o calendario das sesións co alumnado:
Unha vez rematado o traballo de aula, elaborarase un informe de avaliación do programa para coñecemento da comunidade escolar. O IES do Milladoiro, fundamentalmente a través do Departamento de Orientación e o Plan de Acción Titorial, vén traballando dende a súa creación na prevención de condutas adictivas. Esta é, entre outras, unha das razóns polo que o Ministerio de Educación e Cultura lle concedeu ao centro o distintivo de calidade “Vida Saudable”. |
|||