|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 06/06/2016 - 21:15
|
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, publicamos o vídeo realizado polo alumnado do IES do Milladoiro durante a realización do Obradoiro de TV que forma parte do Proxecto "Escolas sen racismo" desenvolvido pola Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 08:02
|
O alumnado de 2º da ESO estase a formar en habilidades socias para a mediación realizando un obradoiro que imparten profesionais de Igaxes3. Esta formación forma parte da liña de actuación de "Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros" do Contrato-Programa, concedido ao IES para este curso 2015-16.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 25/05/2016 - 20:08
|
O próximo martes 31 de maio, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase unha reunión informativa e de orientación académica-profesional para o alumnado que remata 1º ESO e 2º ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 20/05/2016 - 15:10
|
Unha vez rematado o Obradoiro de "Alimentación e Nutrición" co alumnado de 2º da ESO, o Concello organiza, este mércores 25 de maio de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, un encontro para os pais/nais co obxectivo de reflexionar sobre a saúde e a educación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 19/05/2016 - 09:00
|
Para consultar máis información sobre orientación académica e profesional. [ligazón]
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/05/2016 - 20:29
|
Reunións informativas de orientación académico-profesional, no salón de actos do IES, o mércores 18 de maio:
- Para os/as pais/nais do alumnado de 3º da ESO ás 18:30 horas.
- Para os/as pais/nais do alumnado de 4º da ESO ás 19:15 horas.
- Para os/as pais/nais acompañados/as do alumnado de 1º de Bacharelato ás 20:00 horas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 10/05/2016 - 20:44
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 04/05/2016 - 09:47
|
A Escola de Educación Infantil do Milladoiro e o CEP Plurilingüe de Ventín organizan un ciclo de conferencias titulado "Dende a escola: charlas para reflexionar". Trátase de catro sesións que se celebrarán no Salón de Actos do IES do Milladoiro ao longo dos meses de maio e xuño orientadas ás familias de Infantil, Primaria e Secundaria.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 02/05/2016 - 19:31
|
O alumnado de 3º ESO está a participar no Obradoiro de Sexualidade impartido dentro do Programa Aleida de Igaxes3.
COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 21/04/2016 - 19:57
|
Recordamos ás familias do alumnado que o luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do IES do Milladoiro, celebrarase a charla informativa "Bo uso das novas tecnoloxías" para as familias do alumnado, impartida por Igaxes3 (Profesionais do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 17/04/2016 - 17:25
|
Nas horas de titoría das dúas vindeiras semanas, o alumnado de 2º ESO asistirá a un obradoiro de "Alimentación e nutrición" no que participarán a coordinadora do Centro de Saúde do Milladoiro, a nutricionista do Concello e unha psicóloga de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anoxeria de Galicia).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/04/2016 - 20:18
|
Un grupo de 13 alumnos de 2º e 3º ESO do noso centro formou parte este curso do proxecto “Escolas sen Racismo” promovido pola Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) mediante un Obradoiro de TV, no que durante seis semanas se traballou a educación en valores centrada, neste caso, e por propia iniciativa dos alumnos, na temática medioambiental. Achegamos algunhas das producións audiovisuais, "Ecoconsellos" e "Puntolimpo", realizadas polos nosos alumnos durante o obradorio e un enlace ao blog de “Escolas sen racismo”.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 05/04/2016 - 07:50
|
O luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado do centro sobre “Bo uso das Novas Tecnoloxías” impartida por Igaxes3.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 05/04/2016 - 07:43
|
O alumnado de 1º e 3º da ESO participará no Obradoiro “Bo uso das novas tecnoloxías”, impartido por Igaxes3, dentro do Programa Conecta-Aleida. Aproveitarase o traballo conxunto que realizará o alumnado de 1º e 3º da ESO, nas horas de titoría e durante cinco semanas como actividade cooperativa do Programa TEI “Titoría entre iguais”, de prevención do acoso escolar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 02/03/2016 - 20:46
|
O luns 7 de marzo ás 19:00 horas terá lugar unha charla informativa sobre a USC para as familias do alumnado de 2º de Bacharelato impartida polo profesor Antonio Segura Iglesias, Decano da Facultade de Bioloxía da USC. Esta actividade está enmarcada dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, e dentro do programa de orientación académico-profesional realizado desde o centro co alumnado de 2º de Bacharelato.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 28/02/2016 - 17:49
|
Nova na prensa sobre o proxecto EpDLab (siglas de Educación para o Desenvolvemento Laboratorio), dende noviembre:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 22/02/2016 - 23:29
|
O programa de orientación académica-profesional para los alumnos de 4º de ESO levarase a cabo nas horas de titoría.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 22/02/2016 - 12:45
|
Os interesados en asistir ás clases de reforzo ofertadas polo Concello de Ames contan aínda con oito prazas para 2º ESO e con catro prazas para 1º ESO. Estas clases impártense no IES do Milladoiro os mércores de 16:30 a 18:30. As persoas interesadas teñen que cubrir unha ficha de inscrición e entregala na Secretaría do Instituto. O derradeiro día de entrega é o martes 1 de marzo. O impreso está dispoñible nesta páxina e na Secretaría do centro.
Preme no enlace para ampliar a información e para acceder á ficha de inscrición:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 21/02/2016 - 19:55
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 14/02/2016 - 19:54
|
O pasado xoves 11 de febreiro celebrouse no salón de actos do Instituto unha charla sobre internet e redes sociais para as familias de 1º da ESO. A charla, dentro do Plan Director da Garda Civil, puxo de manifesto os riscos do mal uso desta tecnoloxía e, pola contra, abriu portas para unhas boas prácticas. A asistencia foi bastante numerosa, o que pon de manifesto o interese existente por estas cuestións.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 14/02/2016 - 16:18
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 14/02/2016 - 16:10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 02/02/2016 - 21:05
|
O alumnado de 3º ESO B entrevista a tres mulleres marabillosas, segundo as súas propias palabras:
"Presentamos a entrevista feita polos alumnos de 3º ESO B a tres marabillosas mulleres que, de seguro, non coñecedes, pero que todos, todos, deberiamos coñecer. Agradecémoslles, unha vez máis, a súa colaboración e súa simpatía. Sodes as mellores!"
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 23:25
|
Actividades no IES do Milladoiro dentro do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.
Accede a toda a información e outros enlaces de interese premendo na imaxe:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 22:51
|
O alumnado de 4º da ESO participará en dúas actividades impartidas pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”. As actividades serán: Acoso Escolar / Internet e Redes Sociais, o luns 01 de febreiro. Drogas e alcol o venres 5 de febreiro.
COMUNICACIÓN AOS PAIS/NAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 22:48
|
O xoves 11 de febreiro ás 19:00 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado de 1º e 2º da ESO sobre “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”.
COMUNICACIÓN PAIS/NAIS
ENLACES DE INTERESE SOBRE REDES SOCIAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 22:44
|
O alumnado de 1º da ESO participará na actividade “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”, o xoves 4 de febreiro. O xoves 11 de febreiro ás 19:00 horas celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado de 1º e 2º da ESO sobre esta mesma temática: Internet e Redes Sociais.
COMUNICACIÓN PAIS/NAIS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 31/01/2016 - 21:52
|
A solicitude do Instituto do Milladoiro para tomar parte nos Contratos-Programa 2015/2016 da Consellería de Educación foi aceptada. O obxectivo desta iniciativa é acadar a equidade e a excelencia na educación, desenvolvendo as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias.
As dúas actuacións aprobadas son o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) e o de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 26/01/2016 - 21:09
|
Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento (ONGD) que impulsa tanto proxectos de cooperación nos países do Sur como accións de sensibilización no Norte. ACPP leva varios anos promovendo en Galicia e en todo o Estado as Escolas sen Racismo, un movemento internacional que integra a máis de 500 centros educativos de toda Europa. Neste marco, trabállase nas aulas con diferentes metodoloxías a prol da tolerancia, a interculturalidade ou a cultura de paz, entre outros.
Este curso 2015/2016, o obradoiro de TV de "Escolas sen racismo" prolongarase durante 6 semanas e impartirase unha única sesión semanal os xoves de 16:30 a 18:00 hrs. A primeira sesión tivo lugar o xoves 14 de xaneiro e asistiron un grupo de 13 alumnos (11 de 2º ESO e 2 de 3º ESO).
Preme no enlace para coñecer as producións dos nosos alumnos.
|
|
|
|
|
|
|