O vindeiro luns 11 de decembro, das 18:00 ás 20:00 horas, no Auditorio Xosé Neira Vilas na Biblioteca Auditorio da Cidade da Cultura, terá lugar a primeira sesión da actividade "A educación a debate" organizada polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) que ao longo de todo o curso tratará temas de interese para toda a comunidade educativa. Esta é unha actividade na que se pretende que, conxuntamente, familias e profesorado reflexionemos sobre diversos temas de interese común. Nesta primeira sesión abordaremos o tema dos DEBERES ESCOLARES En formato de mesa redonda, debaterán sobre este tema, xunto co público presente: - Natalia Suárez Fernández e Isabel Piñeiro Aguín, profesoras de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade da Coruña, que presentarán o "Informe sobre os deberes escolares" elaborado por esta institución;
|
|||