Orientación

AMES RADIO: OS SERVIZOS SOCIOCOMUNITARIOS COMO UNHA ALTERNATIVA Á EXPULSIÓN

O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.

REMATA A II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA CON 4º ESO A COMO GRUPO GAÑADOR

Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.

A Olimpíada de Convivencia pretende que  o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!

 

O IES DO MILLADOIRO NO "I FORO DE EDUCACIÓN FARO DE VIGO"

O IES do Milladoiro participou o sábado 27 de maio no "I Foro de Educación do Faro de Vigo" celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Concretamente, participou no obradoiro do programa TEI para contar a súa experiencia como referencia en centros de secundaria.

 

CALENDARIO DE REUNIÓNS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA-PROFESIONAL COAS FAMILIAS DO ALUMNADO

PODIO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA. MES DE ABRIL

RESULTADO DA OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA-2º TRIMESTRE

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da Convivencia do 2º trimestre. Os gañadores desfrutarán do seu premio o luns 8 de maio na cafetaría do centro.

OBRADOIRO DE SEXUALIADADE E RELACIÓNS COERCITIVAS

A partir do martes 18 de abril, nas horas de titoría de 3º ESO, será impartido por Igaxes3 un obradoiro de sexualidade e relacións coercitivas. [Máis información]

OBRADOIRO DE CONVIVENCIA NAS TITORÍAS DE 1º ESO

Durante as titorías desta semana, o alumnado de 1º ESO está asistindo a un obradoiro de convivencia, impartido polo Secretariado Xitano, para traballar a discriminación, a interculturalidade e a aproximación á cultura xitana en conmemoración do día 8 abril, día do pobo xitano. [Máis información]

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS NAS TITORÍAS DE 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participará, durante seis sesións da súa titoría, nun obradoiro de "Habilidades sociais para a resolución de conflitos e a mediación", que imparte Igaxes3 e que ten como finalidade preparar o alumnado deste nivel para a súa función de titores/as TEI para o próximo curso. [Máis información]

PODIO DE FEBREIRO: A OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA ESTÁ MOI DISPUTADA

CHARLA "INTERNET E REDES SOCIAIS" PARA O ALUMNADO DE 1º ESO

O venres 17 de marzo, o alumnado de 1º da ESO participará na charla “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”, co seguinte horario:

  • 1ª hora: 1º C+D
  • 2ª hora: 1º A+B

Esta charla forma parte das actividades que realizará, ao longo do mes de marzo, o alumnado de 1º e 3º da ESO no obradoiro: “Reflexionando xuntos sobre a utilización responsable das novas tecnoloxías”, nas sesións de titoría.

CARTA INFORMATIVA FAMILIAS

ENLACES DE INTERESE

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE MATRICULARÁ EN 1º ESO NO CURSO 2017/18

Ás 19:00 horas do vindeiro mércores, 22 de febreiro, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión na que se presentará ás familias do alumnado que se vaia matricular no centro en 1º da ESO no curso 2017/2018 as liñas de traballo do Instituto, así como as súas instalacións. A reunión está dirixida ás familias do CEP de Ventín, centro adscrito ao Instituto, pero está aberta a familias doutros centros que poidan estar interesadas nesta información.

CARTA INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE VENTÍN

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE XANEIRO

Preme na imaxe para consultar os resultados de xaneiro:

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR [CONVOCATORIA 2017]

No DOG do 5 de xaneiro publícase a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional [aquí].
 
Pódese consultar a información no portal web de FP [aquí] e as datas claves do proceso [calendario].
 
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2017. RESUMO
 
Modelo solicitude Ciclo Superior

CHARLA 4º ESO: "DROGAS E ALCOL"

O xoves 26 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO participará na charla: “Drogas e alcol” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”. [Máis información]

ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN PARA 2º BACHARELATO

Consulta [aquí] a relación de actividades que o Departamento de Orientación desenvolverá durante este 2º trimestre para o alumnado de 2º Bacharelato.

O ALUMNADO DE 1º ESO D, GAÑADOR TRIMESTRAL DA "II OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA"

O grupo de 1º ESO D acadou a puntuación máis alta da Olimpíada da Convivencia no 1º trimestre. Coñece os resultados trimestrais premendo na imaxe:

OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO DE NOVEMBRO

Preme na imaxe para coñecer os resultados da Olimpíada da convivencia do mes de NOVEMBRO.

OBRADOIRO 1º ESO: "COÑECE A NOSA CULTURA"

O alumnado de 1º de ESO presentará o traballo realizado no Obradoiro “Coñece a nosa cultura”, dentro do Programa Aleida de IGAXES3, nas horas de titoría. Consideramos que a presenza das familias nesta presentación é importante e por iso vos convidamos a asistir nas datas e horas sinaladas no seguinte enlace. As presentacións realizaranse no salón de actos do IES do Milladoiro.

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN 4º ESO

O obradoiro de xénero de ESCOLAS SEN RACISMO, ESCOLAS PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO desenvolverase nas seguintes datas

  • 4ºA: luns 7 novembro ás 13:40 e martes 15 novembro ás 10:50 hrs
  • 4ºB: martes 15 novembro de 8:50 a 10:30 hrs
  • 4ºC: martes 8 de 16:30 a 18:30 hrs

COMEZA A OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA

OBRADOIRO TITORÍA 2º ESO: "IGUALDADE E BOS TRATOS"

2º ESO: "Igualdade e bos tratos". Desenvolverase durante 4 sesións de titoría no mes de novembro.

 

OBRADOIRO TITORÍA 1º ESO: "COÑECE A NOSA CULTURA"

1º ESO: "Coñece a nosa cultura". Desenvolverase en 6 sesións durante a hora de titoría, dende a semana do 2 de novembro até a semana do 12 de decembro.

 

AXENDA ESCOLAR

REUNIÓNS DE PRESENTACIÓN DOS TITORES/AS COAS FAMILIAS 1º, 2º E 3º ESO

As reunións terán os seguintes obxectivos:

  • Coñecer e ter un primeiro contacto cos/as titores/as dos diferentes grupos.
  • Informar e lembrar a organización e funcionamento do centro.
  • Informar de aspectos relacionados co inicio do curso académico e co seu desenvolvemento.

 CALENDARIO

CURSO

DATA / HORA

2º da ESO

Martes 11 de outubro / 18:30

3º da ESO

Martes 11 de outubro / 19:00

1º da ESO

Martes 11 de outubro / 19:30

REUNIÓNS DE PRESENTACIÓN DOS TITORES/AS COAS FAMILIAS

As reunións terán os seguintes obxectivos:

  • Coñecer e ter un primeiro contacto cos/as titores/as dos diferentes grupos.
  • Informar e lembrar a organización e funcionamento do centro.
  • Informar de aspectos relacionados co inicio do curso académico e co seu desenvolvemento.

 CALENDARIO

CURSO

DATA / HORA

4º da ESO

Martes 4 de outubro / 18:45

1º e 2º de BACHARELATO

Martes 4 de outubro / 19:15

 

 

9/9/16-REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO QUE CURSARÁ PMAR E AS SÚAS FAMILIAS

Reunións informativas para o alumnado e familias (avisadas telefonicamente) que cursarán PMAR (Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

[Máis información]

  • 3º da ESO PMAR o martes 13:00 horas
  • 2º da ESO PMAR o martes 13:30 horas

6/9/16-REUNIÓN ACOLLIDA ALUMNADO NOVO E REUNIÓN INFORMATIVA AXUDAS

  • O xoves 8 de setembro ás 19:00 horas terá lugar no IES unha  reunión de acollida destinada ao alumnado novo, que cursará 2º, 3º e 4º da ESO ee 2º de BACH, e ás súas familias.
  • O luns 12 de setembro ás 12:30 horas terá lugar no IES unha reunión informativa coa orientadora sobre a tramitación das axudas do curso 2016_2017 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. [Máis información].

I OLIMPÍADA DA CONVIVENCIA: PODIO FINAL E PREMIO

XORNADA DE BENVIDA AO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

O IES do Milladoiro acolleu o venres 17 de xuño o alumnado de 6º de Primaria que cursará 1º da ESO a partir do vindeiro setembro. Despois dunha breve presentación do Instituto no salón de actos, ao coidado do alumnado de 2º da ESO, fixeron un percorrido polo centro, tamén guiados polos nosos alumnos/as de 2º. Benvidas e benvidos. Vémonos en setembro.

Distribuir contido