Na III Olimpíada da Convivencia resultou gañador 4º ESO D. Como premio, gozarán dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash o mércores 20 de xuño. O premio á regularidade, consistente nun almorzo na cafetería do centro, é para 3º PMAR. Noraboa! A Olimpíada de Convivencia pretende que o alumnado asuma os espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación das ANPA, do alumnado voluntario e do persoal non docente.
|
|||