Radio |
Temos un novo programa de Vozes da Lusofonia, nesta ocasión feito polo alumnado de Portugués de 2º de Bacharelato. Comemoran o Dia da consciência negra, 20 de novembro, coa poesía de varios autores e autoras. Podédelo escoitar aquí:
|
|||
A nosa radio xa comenzou a funcionar, nesta ocasión, Aldara, Uxía e Lara dedícanlle o primeiro episodio do seu programa "Falando coa lúa" ao Samaín. Algunha vez te preguntaches porque adornamos cabazas? Ou de onde vén a tradición de asustar a xente? E o nome? Pois todo iso e moito máis pódelo encontrar neste programa. E por se fora pouco, aínda temos unha fantástica entrevista aos avós sobre as tradicións na súa mocidade. Escoitádeo e desfrutade.
|
|||
A obra de Celia Díaz Núñez, gañadora do premio de teatro O facho no ano 2019, Unha estrela para Amina, foi radiada por Paula Ramos e Sara Sendón, coa colaboración de Irene Alenda e Mateo Campos lendo as acotacións. Na parte técnica colaboraron Yago Bouzas, Mateo Campos, Gael Rodríguez e a propia Paula Ramos que fixo os arranxos.
|
|||
Alicia, Nerea e Zoe déixannos algunhas das súas receitas para que poidamos practicar a cociñar no verán: Mesmo nos ensinan a preparar pan, tamén ao xeito tradicional: Pero como boas adolescentes, a pizza é algo que preparan moi ben:
E rematan con dúas sobremesas ben boas:
|
|||
Paula Lourido e Sara Martínez póñenlle voz aos dous protagonistas desta obra de Manuel Núñez Singala. Con Érik Cadavid na parte técnica e a colaboración de Alba García para efectos de son. Xa se publicara o acto 1 e agora podedes completar a obra escoitando os dous actos que faltaban. Planificación estratéxica é unha obra de teatro de M. Núñez Singala publicada en 2008 na editorial Laiovento. Nela un axente de policía investiga un asasinato no que a única testemuña é un empregado do finado.
|
|||
Na primeira semana deste mes chegou o alumnado de Ventín que estaba a rematar 6º de EP para visitar o instituto, entre as moitas dependencias que foron vendo do centro tamén estaba a radio. Algúns deles animáronse a entrar e foron deixándonos a opinión que lles causou o que vai ser para o ano seu novo centro educativo:
Pasaron todos tamén, en quendas, pola aula 115 e mais polo corredor da biblioteca, onde as alumnas de 3º ESO lles explicaban como funcionaba o EDLG |
|||
O grupo de 1º ESO que leva o programa de podcast "De pe a pa" fixo un último episodio entrevistando á súa profesora de bioloxía e coordinadora do Club de Ciencias, Raquel Baños, para que lles falase de ecoloxía e fixese varias aclaracións sobre un dos temas que máis lles preocupa, o cambio climático e as súas consecuencias:
|
|||
O último episodio deste curso dentro do programa Entrevistas con Diego. Nesta ocasión foi a campioa de karate Olivia Parga, que, aínda que xa foi entrevistada polas súas compañeiras de clase, foi chamada por Diego para o seu programa. |
|||
As compoñentes do grupo de Emprendedoras (1ºESO), que non para de medrar, fixéronlle unha breve entrevista á súa compañeira Uxía Rodríguez, xogadora da Federación galega de fútbol sala feminino.
|
|||
Dormente de Raquel Castro é a obra que o alumnado de 2º ESO estivo a ensaiar e a gravar durante varios meses nos recreos. Xa pubicamos o preacto e mais o acto 1 hai un tempo. Agora finalizaron a obra:
|
|||
O grupo de radio "Saber falar" (formado por alumnas de 1º ESO) aproveitou a visita a Ventín para facerlle entrevistas á rapazada e profesorado de 5º e 6º de primaria sobre a segunda edición do Programa "Modo Galego, actívao" que se desenvolve xunto co Concello e a RAG e no que estas alumnas participaran o ano pasado cando cursaban 6º de EP.
|
|||
Deixámosvos aquí os podcast e as fotografías do alumnado que elaborou podcast seguindo as indicacións do Certame "As imaxes do patrimonio" que desenvolve a Asociación Ponte...nas ondas! Este certame destinado aos centros da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pretende que o patrimonio que se atopa nas falimilas sexa transmitido ás novas xeracións, obxectivo plenamente acadado co alumnado participante pois, ademais de facer un bo traballo para a materia de portugués, aprenderon de onde viñan e que facían os seus antepasados antes de 1970 (data límite das fotografías) Iago Varela e Lía Barreiro encontraron fotos de bisavós, Inés Cancela trouxo catro de familiares diversos en espazos moi diferentes e Andrea Caramés traballou coa do seu tío e a súa irmá. Todas e todos descubriron cuestións que descoñecían do pasado das súas familias e, ao final, da historia do pobo galego. Nos podcast tiñan que describir as fotos e mais podían entrevistar a familiares que lles desen máis información. Non deixedes de escoitalos.
|
|||
Alumnas de 3º e 4º ESO do IESP de Ames (Bertamiráns) veñen de acadar o 1º e 2º premios de divulgación (comunicadores científicos) organizado polo CSIC nun proxecto de ciencia cidadá. O propósito de "Mosquito Alert" é innovar a vixilancia tradicional de mosquitos transmisores de enfermidades e estudar especies invasoras mediante a participación cidadá e o uso das novas tecnoloxías.
Para que nolo contasen as protagonistas do premio, Celia, Celtia, Aroa e Celia fixéronlles unha entrevista telefónica para o programa "Ao son da paisaxe". Na parte técnica estivo Erik Cadavid.
|
|||
|
|||
O equipo infantil de baloncesto do Basket Ames quedou campión da liga comarcal. Nel xogan alumnos do noso centro de 2º ESO: Xoel Reinaldo, Diego Pérez e Martín Niessen. Os dous primeiros dirixen, xunto con Pablo Paz, o programa Deportes do MillaFalaDoiro e, como non podía ser doutro xeito, falaron da súa victoria. Axudoulles na entrevista Xoel Moreno.
O pasado domingo, 9 de xuño, entregáronse os premios, que recibiron tamén outros dous equipos do Basket Ames de categorías inferiores.
|
|||
As Emprendedoras galegas publican dous episodios máis, un sobre o Orgullo friki e outro sobre o Pobo xitano.
|
|||
O grupo de alumnado de 1º ESO que configuran o equipo "De pe a pa" fixo un episodio especial polo Día mundial dos océanos. Aroa, Mariña, Ada na redacción, Aroa e Mariña na locución, Xabier e Hugo na parte técnica realizaron este seu segundo programa centrado en cuestións ambientais. |
|||
Entrevistas con Diego é o programa máis famoso de entrevistas da radio MillaFaladoiro. Diego Madarnás xa entrevistou máis veces a compañeiras e compañeiras do centro, nesta ocasión repite con dúas compañeiras de promoción, as dúas grandes artistas, cada unha na súa especialidade. María Iglesias trunfa no ámbito musical e Antía Lourido no mundo da patinaxe. Xa as dúas foron entrevistadas aquí en ocasións anteriores, mais agora actualizan a información dos seus éxitos e logos. No artigo anterior desta web podemos ver as imaxes de Antía "en acción" e mais a nova do último premio acadado. Deixamos tamén unhas imaxes de María, gañadora do Canta con Ames e vocalista do grupo "Onda Dagda"
Na entrevista a Antía Lourido, Diego estivo acompañado por Aroa Riveiro e Celia Lema, especialistas no tema da patinaxe. Na parte técnica: Hugo Mateos e Mario Campos
|
|||
Diego Madarnás entrevista a parte da rapazada do EDLG de 1º, 2º e 3º ESO para saber da súa concienciación sobre o cambio climático Este programa foi publicado dentro do programa que leva Manuel Casal Lodeiro en Ames Radio |
|||
Carmen Cuevas foi alumna de Ventín e compañeira de clase das alumnas de 1º ESO que forman o grupo "Saber falar" (Lara, Aroa, Zoe, Candela, Antía, Aldara e Noela) En Ames é coñecida porque gañou o "Canta con Ames" e era vocalista do Combo xuvenil da EMMA, a Escola Municipal de Música de Ames, onde se formou como cantante antes de ter que marchar para Ourense. Recentemente participou no concurso La Voz Kids e as súas ex-compañeiras decidiron entrevistala.
|
|||
Olivia Parga, alumna de 1º ESO, acaba de encanar varios premios no deporte que practica, o karate: medalla de ouro na Liga Galega que se celebrou este mes de maio, pero xa fora tamén medalla de ouro na Liga Española que se celebrou en Ávila en febreiro e, acadou a medalla de bronce no Campionato de España que tivo lugar en Guadalajara hai un mes. As súas compañeiras de clase, que teñen o programa de podcast "Emprendedoras Galegas", convidárona a pasar pola radio a responder unhas preguntas. Aquí tendes o especial e mais un pequeno vídeo con algunhas fotografías.
|
|||
Primeiro foron dúas e agora son seis. Achegáronse á radio Thais e Silvia avanzado o 2º trimestre e gravaron un episodio, logo xa se lles sumaron Alba e Marina e nas últimas semanas Inés e Carlota. En pouco tempo formáronse e comezaron a escribir guións e a gravar. Axudáronlles na parte técnica outros compañeiros máis veteranos mentres non puideron ter unha sesión co formador Chema Bará. Comezaron falando de maltrato animal para logo centrárense nas diferentes efemérides das semanas en que gravan. Xa se publicaran dous episodios hai un tempo e agora podedes escoitar varios dos seus podcast, programas moi breves que vos convidamos a escoitar pola súa axilidade, en pouco tempo conseguen concentrar o importante de cada tema do que nos queren falar:
|
|||
Novo episodio do grupo MillaFalantes que desta vez len a obra de Núñez Singala "Planificación estratéxica". Alba García, Sara Martínez, Paula Lourido con Érik na parte técnica publican hoxe o primeiro episodio. Estade atentos e atentas que en breve poderedes escoitar a obra completa!
|
|||
Aproveitando que pasaba por aquí... estreamos programa entrevistando a Carlos Callón. Alba, Sara, Paula con Érik na parte técnica. |
|||
Convidámosvos a escoitar o primeiro episodio dun novo programa "De pé a pa". Acabado de crear por un grupo de rapazada de 1º ESO D (Ada Asorey, Xabier Barcala, Ainhoa Díaz, Mariña Dopico, Mauro Vilas, Hugo Vrhowski e Mauro Vrhowski) . Coa expresión "De pe a pa" que é o mesmo ca dicir "De cabo a rabo" nomearon un programa para falar do que lles pete, dun lote de temas variados. Neste primeiro episodio quixeron demostrar o seu amor polos animais e fixeron un programa xusto que fala do maltrato animal. |
|||
Esta princesa está durmida? Será que non quere espertar? Por que queren que esperte? Para casala con quen non quere? Estas son as preguntas que conforman a sipnose da obra Dormente de Raquel Castro, publicada en 2021 e que un dos grupos do alumnado do EDLG que se centrou en facer teatro lido escolleu para dramatizar na radio. Yago Bouzas, Héctor Pin, Carlota Ageitos, Víctor García, Mateo Campos e Gael Rodríguez na parte técnica. Deixámosvos o Preacto e o Acto 1, en breve poderedes escoitar o Acto 2:
Dormente: Preacto Acto 1 |
|||
Erik Cadavid na parte técnica e como locutoras Paula Lourido, Sara Martinez, Marta Mayo, Paula Mosquera e Nicole Izaguirre.
|
|||
Este curso avanzamos con episodios específicos do programa "Vozes da lusofonia" sobre os libros da maleta prestada pola Consellería: Iago Varela fai un episodio no que explica o que descubriu hai pouco sobre o portugués: |
|||
O Día Mundial da Radio celébrase o 13 de febreiro, pero este ano cadrou en pleno entroido. Daquela, fixemos un programa especial xusto o último día lectivo antes desta festividade e a temática tiña que ser acaída coas datas, polo que o Entroido tradicional galego centrou os 100 minutos deste programa. Con entrevistas a persoas que viñeron falarnos do Entroido de Laza, de Xinzo, de Salcedo, do enterro da sardiña de Bueu... E como non, tamén como se fan as filloas. Pechouse cun kahoot "analóxico" entre todas as persoas participantes e o alumnado gañador recibiu de agasallo unhas caixas con doces de entroido cedidas pola ANPA. Deixámosvos un vídeo con momentos do que foi o programa de radio e mais a entrevista que lle fixeron desde Ames Radio a parte do noso alumnado con motivo deste evento (minuto 50).
|
|||
Dámoslle a benvida a un novo grupo de rapazas de 1º ESO que se animaon estas últimas semanas a achegarse ao EDLG para facer radio. Comezaron Silvia, na parte técnica, e Thais, na locución, e fixeron un primeiro episodio. Logo xuntáronse a elas Alba e Marina. Agora son tres locutoras e unha técnica e nesta semana elas soas prepararon e gravaron un programa especial para hoxe, 8 de marzo, Día internacional da muller. Deixámosvos os dous episodios:
|
|||
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »