Radio teatro: Planificación estratéxica de Núñez Singala

Paula Lourido e Sara Martínez póñenlle voz aos dous protagonistas desta obra de Manuel Núñez Singala. Con Érik Cadavid na parte técnica e a colaboración de Alba García para efectos de son. Xa se publicara o acto 1 e agora podedes completar a obra escoitando os dous actos que faltaban.

Planificación estratéxica é unha obra de teatro de M. Núñez Singala publicada en 2008 na editorial Laiovento.  Nela un axente de policía investiga un asasinato no que a única testemuña é un empregado do finado.