Emprendedoras galegas: voces radiofónicas activas

Primeiro foron dúas e agora son seis. Achegáronse á radio Thais e Silvia avanzado o 2º trimestre e gravaron un episodio, logo xa se lles sumaron Alba e Marina e nas últimas semanas Inés e Carlota.

En pouco tempo formáronse e comezaron a escribir guións e a gravar. Axudáronlles na parte técnica outros compañeiros máis veteranos mentres non puideron ter unha sesión co formador Chema Bará.

Comezaron falando de maltrato animal para logo centrárense nas diferentes efemérides das semanas en que gravan. Xa se publicaran dous episodios hai un tempo e agora podedes escoitar varios dos seus podcast,  programas moi breves que vos convidamos a escoitar pola súa axilidade, en pouco tempo conseguen concentrar o importante de cada tema do que nos queren falar: