Radio |
|
|||
O grupo que se fixo chamar "Radio Madrid Falantes" composto por alumnado de 2º ESO (Pablo, Juan, Gabriel, Martín e Xacobe na parte técnica) fixeron os seus dous primeiros episodios:
O grupo de deportes do MillaFaladoiro (Pablo, Xoel e Diego, tamén de 2º ESO) fixeron o seu cuarto episodio, neste caso falando de tenis:
|
|||
No noso IES sumámonos o pasado xaneiro á campaña de dinamización da lingua galega "Aquí tamén se fala galego" nacida no IES Rafael Dieste o curso pasado e que se estendeu case 200 centros de toda Galicia. O alumnado de 3º ESO participou activiamente nesta campaña repartindo cartaces por comercios e locais de diferente índole do Milladoiro e mesmo tamén de Santiago. A continuación podedes escoitar a presentación da campaña, feita por Julia, Noa, Antía e Alicia, así como a opinión dalgúns compañeiros que participaron na mesma.
Diego Madarnás, no seu programa de entrevistas, quixo falar con Alberto Pombo, a persoa que ideou esta campaña o curso pasado, no IES Rafael Dieste, así como con Román Landín, responsable da mesma no IES núm. 1 da EStrada. Ao mesmo tempo entrevistou a alumnado dun e doutro centro. Pombo: (IES R. Dieste) Noa (IES R. Dieste) |
|||
Un interesante conto sobre unha raíña moi nosa (a raíña Lupa), un príncipe lagargo, un demo e a súa filla... unha historia diferente que escribiu Jacobo Paz e que interpretaron Ángela Tronceda (píncipe), Claudia Santalla (raíña), Miguel Franco (demo), Víctor García (narrador e BrancaFlor). Na parte técnica Gael Rodríguez.
|
|||
Pablo Paz, Xoel Reinaldo e Diego Pérez (alumos de 2º ESO) fan entrega dun novo episodio sobre deportes. Na parte técnica Gael Rodríguez. |
|||
Coñecedes o "Nadal de Luíntra"? E o Apalpador? Contestedes en afirmativo ou negativo, escoitade o especial que fixo un grupo de alumnas e 3º ESO (Gabriela, Celia, Aroa, Celtia, Iria) con Erik na parte técnica para explicalo e aproveitar a felicitar as festas. Ah, e se pasades polo taboleiro do EDLG tendes alí as letras e as persoas da comunidade educativa que poden usar móbil, teñen tamén o código QR para ver os vídeos. Bo Nadal! Aquí vos queda este pequeno programa especial para cantardes todas e todos no Nadal:
|
|||
Deixámosvos o último episodio gravado da obra A comedia bífida de M. Núñez Singala. Nos dous cursos anteriores, catro compañeiras (Sara, Paula M, Marta e Paula L) gravaron catro escenas. Este ano completaron a obra, gravando a última escena pendente, alumnos e alumnas de 2º ESO: Yago Bouzas, Héctor Pin, Mateo Campos, Víctor García, Carlota Ageitos, Ángela Tronceda. Na parte técnica Gael Rodríguez. Neste caso o acusado é Pepe, desleal coa fala do país... Non deixedes de escoitar esta simpática escena e... se non escoitastes aínda as anteriores, é o momento. Ides botar unhas risas!
|
|||
Nace "Saber falar", programa dedicado á lingua galega. As súas condutoras chegaron este ano ao IES con moita enerxía positiva. Son: Aldara Calvo, Aroa Cacheiro, Antía Hermo, Zoe Fernández, Lara Fernández e Noela Gómez. Estas alumnas de 1º ESO, que falan moi ben a nosa lingua, decidiron dedicar o primeiro episodio ao que foi a actuación máis relevante na que se viron envoltas na súa anterior escola para promover o uso do galego: o programa "Modo galego actívao", desenvolvido conxuntamente polo concello de Ames e o Seminario de Sociolingüística da RAG. Neste episodio presentan o programa, fan unha reflexión sobre o mesmo e mais entrevistaron a dúas profesoras e un profesor seus do curso pasado no CEIP de Ventín (Carmen, Belén e Manu). |
|||
Pablo Paz e Xoel Reinaldo (2º ESO) arrancan co programa que xa botaran a andar o curso pasado: Deportes no MillaFalaDoiro. Na parte técnica Erik Cadavid e Mario Campos.
|
|||
"Curiosidades" é o nome do programa que un grupo de alumnas e alumnos de 2º ESO están desenvolver este curso. Nel van tratar sobre cuestións que lles espertan interese en calquera ámbito. Carlota Ageitos e Víctor García fan o primeiro episodio sobre aspectos que lles chamaron á atención e foron recollendo nos últimos tempos.
|
|||
Este pasado verán Antía Lourido e Irene Enríquez, estudantes de 1º de bacharelato do noso centro, foron ao campionato de España de patinaxe artística. As compañeiras de 3º ESO que están na radio (Gabriela Leis, Celtia Lustres, Celia Lema, Aroa Riveiro e Antía Ramos) fixéronlle cadansúa entrevista:
|
|||
Hoxe, xoves 19 de outubro, estivo toda a mañá no noso centro Chema Bará para impartir formación na radio. O especialista ocupouse de atender os diferentes grupos de traballo formados este curso e que foron acudindo ao noso estudo en quendas de 25 minutos. Á rapazada que xa leva facendo radio un ou máis anos e que xa se desenvolveu de forma autónoma desde principios deste curso, tentou corrixirlle algúns fallos e achegarlle explicacións para que avanzasen na súa especialización; mais tamén se ocupou de iniciar ao alumnado que acaba de meterse nesta aventura nas últimas semanas.
En breve imos comezar a publicar varios episodios de diferentes programas que estivo xa a gravar o noso estudantado este curso. Agora imos abrindo boca coa gravación que deixou feita no fin do curso pasado o alumnado que daquela cursaba 2ºESO E. Trátase dun fragmento da obra de Núñez Singala "Atraco no banco" protagonizado por: Brais Rama Formoso fixo de Serafín
|
|||
Lucas Doce e Zoe González, xunto con Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González, forman parte do "Clube de leitura de português". Neste episodio, Lucas e Zoe fan un percorrido polos libros que estiveron a ler desde o comezo. |
|||
O alumnado de 4º ESO B este curso realizou un programa de radio chamado "Aprendendo sobre... Otero Pedrayo" con cinco episodios que van dando os datos máis relevantes da súa vida e da súa obra narrativa e teatral.
|
|||
Lara Rozados, coordinadora de Igualdade e membro do EDLG, entrevistara en febreiro a Fátima Barros aproveitando a súa visita ao centro polo Día da Muller e da nena na ciencia, onde lle falou á rapazada de diferentes niveis. |
|||
Coa voráxine de final de curso quedaron sen publicar os últimos episodios de dous programas de radio, que vos deixamos agora. O quinto episodio do programa "Abrindo portas" que dirixen Zoe Alonso, Alicia Abelenda e Nerea Abelenda:
O terceiro programa da temática deportiva que desenvolveron Aroa Salgado, Sofía Urriola e Paula Ramos: |
|||
O pasado martes 20 de xuño pechouse o Club de lectura en lingua galega cunha reunión moi especial á que acudiu a escritora Arantza Portabales. A rapazada leu catro obras da autora: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Beleza vermella, A vida secreta de Úrsula Bas e O home que matou a Antía Morgade.
Despois dunha agradable reunión de máis de unha hora na que a autora lles desevelou moitos segredos sobre o seu proceso da escrita e sobre cada un dos seus libros, accedeu amablemente a contestar un cuestionario lector na nosa emisora de radio. No seguinte programa, Andrea Caramés, Sara Antón, Paola Torrado e Carlota González fan un breve resumo do que foi o encontro e a continuación fanlle o cuestionario a Arantza. Esperemos que vos guste!
|
|||
Alicia Abelenda, Nerea Abelenda e Zoe Alonso deseñaron un novo programa: Abrindo portas. Gravaron varios programas que vos deixaron:
|
|||
Comezou un novo programa de radio cara ao final deste curso que se chama "Tertulia". Por agora só se gravou un episodio, pero con moito esmero. Nel, alumnado de 1º Bac do IES do Milladoiro, que se fixeron chamar "Os tertulianos" estiveron a debater sobre un tema ben interesante: o galego hoxe e as súas relacións no sistema educativo... 20 minutos con cuestións de moito interese da man de Rubén Albela, Alejandro Buela, Alicia Cabezas e Yeimy Cruz, de 1 BAC A.
|
|||
Neste último trimestre, alumnos e alumnas de 1º ESO arrancaron dous novos programas, os dous centrados nos deportes. O primeiro deles (Deportes no MillaFalaDoiro), do que xa hai tres episodios, condúceno Pablo Paz, Martín Fandiño, Xoel Reinaldo, Irene Alende e Sara Sendón. Na parte técnica contaron con Miguel Franco e tamén con Paula Ramos no último programa. Céntrase nos deportes que practican eles. Deixámosvos o primeiro episodio de presentación, e mais o segundo e o terceiro no que lle fan entrevistas a compañeiros do centro que xogan no Basquet Ames.
O seguinte programa lévano tres alumnas tamén de 1º ESO: Aroa Salgado e Sofia Urriola son as locutoras, coa colaboración de Sara Sendón. Paula Ramos é a técnica de son. Chámanlle Desportos ao seu programa e a temática principal é o fútbol. Por agora teñen dous episodios:
|
|||
O noso alumnado de 1º ESO que se dedica ao Radio Teatro acabou a 2ª parte d'O merlo branco, obra de Cándido Pazó da que xa publicamos o primeiro podcast hai un par de meses. Miguel Franco, Héctor Pin, Mateo Campos e Yago Bouzas estiveron moitos recreos ensaiando e gravando a obra. Como esta vez había máis personaxes, convocaron a dous compañeiros. tamén de 1º ESO, que comezaron a facer radio no 3º trimestre (Xoel Reinaldo e Pablo Paz)
|
|||
A piragua é unha obra de teatro de Cándido Pazó que un grupo de rapazas de 3º ESO adaptaron para o seu programa de Radio Teatro. Paula Lourido, Sara Martínez, Marta Mayo e Paula Mosquera leron o texto e foron organizando unha serie de escenas, que non corresponden coa división da obra orixinal. Aquí quedan as dúas primeiras que elas adaptaron. Seguro que vos gusta o resultado!
|
|||
Alumnado de 4º ESO quixo dar a coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego a toda a comunidade educativa. Elaboraron varios episodios para o programa chamado "Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego". De forma individual, por pares ou en grupos foron preparando diferentes episodios con diferentes formatos. Seguro que atopades moita información sobre o autor homenaxeado, e ao final podedes experimentar a responder as preguntas do Concurso sobre Don Paco, a ver se dades coa resposta certa en todas as preguntas:
|
|||
"Temos que facer unha escola transformadora!" Bernardo Penabade foi entrevistado por Diego Madarnás para falar dos proxectos que este profesor e dinamizador deseñou e puxo en marcha, desde hai anos, con moito éxito. Se alguén quere saber sobre o Modelo Burela, o proxecto Neo e moitas máis cuestións de interese, porque "Burela e O Milladoiro teñen moitísimos puntos en común", segundo Penabade, este é o episodio que non debedes perder. Escoitade a entrevista completa para saber das propostas de intervención educativa que nos recomenda e do reto que lle lanza a Diego. |
|||
Héctor Pin, Miguel Franco e Mateo Campos, alumnos de 1º ESO, estreáronse na radio facendo teatro lido. Escolleron, para comezar, a obra "O merlo branco", de Cándido Pazó. Aquí vos deixan a dramatización da primeira parte. Na parte técnica tiveron a Gael Rodríguez (1º ESO) e Hugo Mateos (4º ESO), coa colaboración de Erik Cadavid (3º ESO). |
|||
Os alumnos de 1º ESO |
|||
Diego Madarnás entrevistou desta vez á súa compañeira de clase, María Iglesias Bermúdez, estudante de 4º ESO e gañadora do Canta con Ames 2022, categoría xuvenil (ver vídeo da actución).
|
|||
Bota a andar o novo programa dirixido por Carlota Ageitos e Yago Bouzas. Chámase "Os cuartos de atrás" (Backrooms) e xa gravaron dous episodios. No primeiro episodio fan a presentación do programa:
E agora non perdades o segundo episodio: |
|||
Co gallo do Día mundial da radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro, as alumnas de 2º ESO -Noa, Julia, Antía, Alicia, Gabriela, Celia e Celtia- fixeron o programa especial para comemoralo, seguindo a proposta de Ponte... nas ondas. Nel fan un breve repaso polo que é a nosa radio, o MillaFalaDoiro.
Enlace á publicación do programa na web de Escolas... nas Ondas Ademais tivemos unha presentación do que é a nosa radio na biblioteca do noso centro por parte de Erik Cadavid, técnico e colaborador incansable deste proxecto. |
|||
As alumnas Marta Mayo, Sara Martínez, Paula Mosquera e Paula Lourido dramatizaron outra escena do libro de M. Núñez Singala A comedia bífida. Neste caso leron o caso do xulgamento de Eliseu Lamas.
|
|||