Episodio especial do programa "Saber falar" dedicado ao "Modo galego"

O grupo de radio "Saber falar" (formado por alumnas de 1º ESO) aproveitou a visita a Ventín para facerlle entrevistas á rapazada e profesorado de 5º e 6º de primaria sobre a segunda edición do Programa "Modo Galego, actívao" que se desenvolve xunto co Concello e a RAG e no que estas alumnas participaran o ano pasado cando cursaban 6º de EP.