Vozes da lusofonia: imaxes do patrimonio

Deixámosvos aquí os podcast e as fotografías do alumnado que elaborou podcast seguindo as indicacións do Certame "As imaxes do patrimonio" que desenvolve a Asociación Ponte...nas ondas! Este certame destinado aos centros da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pretende que o patrimonio que se atopa nas falimilas sexa transmitido ás novas xeracións, obxectivo plenamente acadado co alumnado participante pois, ademais de facer un bo traballo para a materia de portugués, aprenderon de onde viñan e que facían os seus antepasados antes de 1970 (data límite das fotografías)

Iago Varela e Lía Barreiro encontraron fotos de bisavós, Inés Cancela trouxo catro de familiares diversos en espazos moi diferentes e Andrea Caramés traballou coa do seu tío e a súa irmá. Todas e todos descubriron cuestións que descoñecían do pasado das súas familias e, ao final, da historia do pobo galego.

Nos podcast tiñan que describir as fotos e mais podían entrevistar a familiares que lles desen máis información. Non deixedes de escoitalos.