O vindeiro 23 de abril celébrase a oitava edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC, dirixido entre outros a estudantes dos últimos niveis de Secundaria, grupos de idade nos que parece importante potenciar a visibilización das TIC desde un enfoque inclusivo, facendo fincapé no papel das tecnólogas, investigadoras e empresarias galegas. Desde o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), tendo en conta a situación vivida actualmente e derivada do Covid-19, propoñen a realización dunha actividade online (unha multiconferencia web). O día 23, entre as 11h e as 12:30 aproximadamente, terá lugar un coloquio virtual entre a rapazada e catro investigadoras e profesionais das tecnoloxías. O coloquio estará aberto á participación en directo do estudantado, mais para poder participar precísase dunha inscrición previa que ha de realizarse co envío dun correo electrónico. Neste enlace pode accederse a toda a información ao respecto: como inscribirse, como conectarse, información sobre as catro mulleres que interveñen, etc. |
|||