Deixamos aquí o vídeo que reflicte a homenaxe que as alumnas do noso IES lle quixeron render a algunhas das científicas máis importantes do panorama internacional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A través de diálogos de gran viveza e orixinalidade o público asistente puido achegarse de xeito lúdico aos logros dunha serie de mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química e o Comité de Igualdade e serviu para pór en valor o papel fundamental das mulleres no eido científico, pero tamén reivindicar a igualdade de xénero e lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e das nenas no mundo da ciencia e da tecnoloxía. |
|||