O luns, 14 de febreiro, o Comité de igualdade do IES do Milladoiro organizou dúas actividades diferentes nos recreos. No primeiro, e para conmemorar o Día dos namorados, realizou unha actividade na que se pedía ás alumnas e alumnos do centro (amais de a profesores e profesoras) que reflexionasen sobre o importante que é valorarse a un mesmo, o amor propio, e acabar cos mitos do amor romántico tóxico.
No segundo recreo, as alumnas que forman parte do Comité de Igualdade continuaron cos faladoiros científicos, iniciados o venres. Tres alumnas do centro (María, Sara e Dora) metéronse na pel de tres mulleres de diferente época, relacionadas co campo da Medicina. |
|||