25N no IES do Milladoiro

Hoxe, 25  de novembro, o  IES  do  Milladoiro únese  á loita contra  a violencia de xénero. Para  conmemorar  esta  data  o  Comité  de  igualdade, formado  por  dúas profesoras  e  trinta  e  catro alumnos  e alumnas, fixo  partícipe  a toda  a comunidade educativa  repartindo máscaras  moradas, cor  representativa  deste  movemento. Amais, visibilizaron  no  "Espazo  de Igualdade" as  41 vítimas de  violencia  de  xénero  no  que levamos  do  ano 2020.

 

Grazas  a todas  e todos as/os  que  colaboraron  nesta  iniciativa, incluído o  Concello, que  contribuíu  neste día  agasallando  ó  Comité  con  camisetas  reivindicativas  e  proporcionando  axendas  ao  alumnado de  2º  de  ESO.  Así  mesmo, grazas  á  colaboración do  CIM (Centro  de  Información  á  Muller) mañá, día  26,   o  alumnado de  2º ESO E  e  3º  ESO E  participará  no  obradoiro A  violencia  de  xénero  a  través  das  pantallas, co  que  se prentende facer unha  abordaxe  dalgunhas  das  condutas  vencelladas  á  violencia  de  xénero  que se  produce  nas  distintas  redes sociais.

Deixámosvos  aquí   unha entrevista  que  Claudia  Bretaña  e  Laura  Pájaro , membros  do  Comité  de  Igualdade,  concederon  a  Radio  MillaFalaDoiro.

Agardamos  que cada  ano  se  una  máis xente  a  esta  loita!